viernes, 22 de diciembre de 2023

Patinaxe sobre xeo 2023

Esta mañá desfrutamos dunha actividade moi navideña en familia. Maiores e pequen@s patinamos sobre xeo na pista de Samil para celebrar o inicio das vacacións. Gracias a tod@s por participar e felices festas!

Gran festa de Nadal 2023

Así de ben despedimos o primeiro trimestre no Chouzo!! Onte compartimos unha tarde con bailes, sorteos, bar a cargo dos alumnos e alumnas de 6° curso, a visita de Papá Noel  e unhas badaladas pre-fin de ano con gusanitos. Gracias @glup_animacion por animarnos a todos a participar!

jueves, 21 de diciembre de 2023

Os elfos Lula e Lulo visitan o cole

Hoxe os nenos e nenas do Chouzo tiveron unha visita moi especial! Os elfos Lulo e Lula percorreron a escola repartindo doces e cartiñas para Papá Noel. Mañán xa é o último día do trimestre e rematamos con moi bo sabor de boca!

miércoles, 13 de diciembre de 2023

Se buscan voluntari@s para facer sementeiros

Atención! Atención! 
O noso Comando verde busca voluntari@s que fagan sementeiros na sua casa para a horta do cole. A ANPA lles proporcionará a semente e a terra e os voluntarios teñen que facer os sementeiros e regar as plantiñas durante 3-4 semanas. Nese momento, deberán traelas ao cole porque xa estarán listas para ser plantadas na horta. 

Interesad@s por favor enviade un correo a anpaceipchouzo@gmail.com e recollede o material no local os vindeiros martes día 19 e o mércores dia 20  de 09:00 a 09:15 e de 14:00 a 14:15.

Encantaranos recibir fotos das plantiñas para por no grupo de Telegram de Comando Verde e nas nosas redes sociais!

lunes, 11 de diciembre de 2023

Festa de Nadal 21 de decembro

🎅⛄️🎅VOLVE A FESTA DE NADAL AO CHOUZO! 🎅⛄️🎅
Será o xoves día 21 DE DECEMBRO en horario de 17 a 20:00 h. Haberá bar a cargo do alumnado de 6º, música, animación e, para rematar, unhas 🔔 badaladas 🔔 moi especiais. 
🎄🎄Ademais, este ano queremos que o alumnado do cole axude a decorar a árbore instalada no vestíbulo da secretaría. Para iso, cada neno ou nena ten que elaborar o seu ADORNO e entregárllelo aos seus titores e titoras ata o día 20 DE DECEMBRO. 🎄🎄
Os e as profes irán colocando os adornos recibidos e elaborando a lista de participantes.
📋 Con esa lista, o día da festa de Nadal faremos un SORTEO con varios gañadores e PREMIOS, tanto para infantil como para os distintos ciclos de primaria. 
Agardámosvos a todos e todas coas vosas mellores galas🕴🕺💃 e con moitas ganas de pasalo ben!!!! 🥳 🎉 🎊

viernes, 17 de noviembre de 2023

Empresas colaboradoras curso 2023 /2024


LISTA DE DESCONTOS CURSO 2023-24:
Os seguintes establecementos ofrecen un desconto as familias socias da ANPA entregando o carné de socio a hora da compra. Podes pedir o teu carné no local ou enviando un correo a anpaceipchouzo@gmail.com.  

- NOVO! Customeeple tenda de xogos. Torrecedeira, 64. 15% en tódolos artigos. 

- Copicor, Torrecedeira 115, 10% en compras superiores a 10 €

- Prisma, Coruña 56, 5 % en libros (excepto libros de texto) e 10 % en papelaría

- Zapatería infantil El patio de Hugo, Av. Florida 34, 10 % (excepto Bobux, Feroz e pezas Meli; non aplicable a ofertas e rebaixas)

- Arrolos de Mai/Minimonstros, Teixugueiras 32, portal 2, 5 % (excepto artesanía, porteo e mobles; non acumulable a outras ofertas e descontos) e 5 % en libros de texto sempre que se faga reserva e pagamento (cheque Xunta) antes do 31 de xullo de 2023

- Belu Rodríguez Fotografía infantil, Illas Canarias 4, 10 % (excepto campaña de Nadal)

- Fisioterapia Pejito, Barcelona 78, 10 % en todos os servizos

- Glup Animación Infantil, Gran Vía 38, 3b, 15% en todos os servizos (festas, animacións, obradoiros, campamentos...)

- Baby Hogar Infantil, Barcelona 84 e López Mora 94, 10 % en artigos de tempada (uniformes escolares, artigos rebaixados e roupa de cerimonia non incluídos)

- Ferraxería Valfer, Coruña 52, 10 % (excepto produtos en oferta ou liquidación)

- Perruquería-Barbaría Bella Bambina, Torrecedeira 97, 10 % excepto tratamentos

- This Way Language Center, Praza Eugenio Fadrique 5, 5 % sobre as tarifas do curso 2023-2024, non acumulable con outros descontos. (Na circular había unha errata. Desculpade as molestias).

- Kenguru Espacio Familiar, Avda. do Rebullón 7, Mos, matrícula gratuíta e 5 % de desconto na cota mensual durante todo o curso 2023-24

- British Heritage, Av. Florida 32, matrícula gratuíta e 10 % de desconto na cota mensual (programa Básico no que os alumnos e alumnas se integran, segundo idades e niveis, nos cursos que lles correspondan)


lunes, 13 de noviembre de 2023

O CHOUZO AO CIRCO DE NADAL 2023

Prezadas familias: 
Este ano temos acceso a butaca bronce do circo de Nadal a un prezo especial de 10€ por persoa.  A sesión é o vindeiro domingo 10 de decembro as 12 da maña. 

Para anotarvos tedes ata o 26 de novembro pasando polo local da ANPA ou enviando un correo a anpaceipchouzo@gmail.com indicando: nome do nenos/as, curso e grupo, nome do(s) acompañante(s). (Os menores deben vir acompañados dun adulto).  Confirmaremos polas nosas redes sociais se chegamos ao mínimo de 50 persoas anotadas para que se poida celebrar a actividade. Se sae o grupo, teriades que pagar por adiantado no local da ANPA entre os días 27 novembro e 5 de decembro, ambos incluídos. VINDE COMPARTIR A MAXIA DO CIRCO!

Chouzo sobre xeo 2023

Prezadas familias do Chouzo:
Estamos organizando unha xornada de patinaxe sobre xeo na pista de Samil durante a mañá do vindeiro 22 de decembro (de 11 a 12). Poden anotarse grandes e pequenos a un prezo de 5 €/persoa. Anotádevos ata o 26 de novembro no local da ANPA ou na dirección de correo anpaceipchouzo@gmail.com indicando: nome do neno/a, curso e grupo, nome do(s) acompañante(s) que tamén desexe(n) patinar, e se queredes pingüín (2,5 €, limitado a 1 pingüín por familia). Uns días despois, confirmaremos polas nosas redes sociais se chegamos ao mínimo de 50 persoas anotadas para que se poida celebrar a actividade. Se sae o grupo, teriades que pagar por adiantado no local da ANPA entre os días 27 novembro e 5 de decembro, ambos incluídos.
Cantos máis sexamos, máis diversión para todos/as! ANIMÁDEVOS!!

miércoles, 18 de octubre de 2023

RECOLLIDA DE FIRMAS CONTRA A PRIVATIZACIÓN DOS SERVIZOS MUNICIPAIS

RECOLLIDA DE FIRMAS CONTRA A PRIVATIZACIÓN DOS SERVIZOS MUNICIPAIS

Bdías! Estamos recollendo sinaturas en apoio á protesta contra a situación dos conserxes no ensino público. Acudide ao local de 9 a 9:20 h para asinar. Moitas gracias pola vosa colaboracion.

A labor das/os oficiais de instalacións municipais é fundamental no día a día da escola xa que se encargan de:

 • Apertura e peche dos centros. É a primeira persoa que chega ó centro e prepara o mesmo para o comezo da actividade (abre portas e persianas, acende luces e calefacción) e tamén a encargada de abrir a entrada durante a xornada matutina. Coa súa carencia quen realiza estas labores é o equipo directivo e o persoal docente desatendendo as clases.

  • Labores de control de acceso ó centro, polo que a súa falta incide negativamente na seguridade da escola (especialmente no alumnado de máis curta idade e no alumnado NEAE).  

• Traballos de mantemento e pequenos arranxos, algo fundamental para a conservación das instalacións.  • Limpeza e mantemento de zonas exteriores (corta de herba, retirada de follas, etc.) polo que os nosos patios tamén están descoidados.

martes, 17 de octubre de 2023

Descubrindo o potencial dos xogos de mesa (Formación para adultos, 16 nov)

O vindeiro 16 de novembro celebraremos no cole un obradoiro sobre a aprendizaxe basada en xogos de mesa (ABJ) para entornos educativos e familiares.

Nesta formación comprenderemos os beneficios psicolóxicos, sociais e académicos que aportan os xogos de mesa coma ferramenta de aprendizaxe, dende o cálculo ata o conteo, pasando pola probabilidade, a lóxica, a orientación espacial, a planificación de tarefas, a atención e a toma de decisións.

Os xogos de mesa estimulan o afán de superación, melloran a autoestima, o recoñecemento social e fomentan a resiliencia. 

Veremos cómo tamén melloran a relación en familia fortalecendo o vínculo afectivo e a sensación de pertenza, así como axudan a expresar os sentimentos . 

Dende a ANPA animámosvos a participar desta oportunidade, tanto ás familias como ao profesorado e así poder incorporar na casa e nas aulas estas enriquecedoras e estimulantes ferramentas. 

Inscribídeos no correo anpaceipchouzo@gmail.com indicando se precisades servizo guarderia. Bulide que só hai 20 prazas! 

Festa Samaín 31 outubro

Prezadas familias! O vindeiro martes 31 de outubro inauguraremos as festas deste curso 23/24 cunha súper celebración de Samaín. Faremos obradoiro de squishes,xogos, concurso de cabazas e moitas cousas máis! Lembrade vir disfrazados, nen@s e maiores, e traer as vosas cabazas decoradas.

As familias que queiran colaborar na elaboración de comidas, por favor enviade un correo a anpaceipchouzo@gmail.com indicando o qué van aportar para que poidamos organizar o bar e recibirán un ticket gratis de comida. Todo o recaudado destinarase á organización de actividades, festas e obradoiros do ANPA. 

Animádevos a participar! Pasarémolo de medooo!!!

jueves, 21 de septiembre de 2023

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CONFIRMADAS

Comunicamos que todos os nenos e nenas inscritos nas actividades extraescolares teñen praza asignada, a excepción de ximnasia rítmica infantil e baile tradicional, que non acadaron grupo mínimo.
Lembrade que o pago e as follas de datos deben tramitarse directamente co monitor ou monitora da actividade.

PRAZAS DE PISCINA CONCEDIDAS

Informamos de que todos os nenos e nenas inscritos en piscina están admitidos.
Por favor, facede o ingreso de 62 € na conta da ANPA (ES56 2080 5104 8430 4001 2105) indicando no concepto PISCINA APELIDOS DO(S) NENO(S) e enviade o xustificante de pago ao correo anpaceipchouzo@gmail.com.
Os novos/as alumnos/as de piscina deste ano deben cubrir a folla de datos para a actividade, dispoñible no local da ANPA ou facendo clic aquí.
Nota: O importe pagado non poderá ser devolto no caso de que o neno/a decida deixar a actividade (Normas do Instituto Municipal de Deportes).

martes, 20 de junio de 2023

Banco de libros da ANPA

A ANPA organiza un ano máis o seu Banco de libros (non o confundades co Fondo libros da Xunta!). Contactade no correo anpaceipchouzo@gmail.com para deixar os teus libros no local da ANPA. Se doades, teredes prioridade para recibir libros en cursos vindeiros.



sábado, 17 de junio de 2023

NOVIDADE: CATERING NO CAMPA DE VERÁN

Este verán, como novidade, o campamento ofrece a posibilidade de coller catering. Aqueles interesados, por favor avisade o antes posible escribindo a chouzo@cocofante.es

RECOLLIDA DA REVISTA

Aqueles que teñades a revista reservada e confirmada, podedes pasar polo local para pagala (5 eur) e recollela o luns de 9:05 a 9:20 h e de 16:00 a 16:30 h, e o martes de 9:05 a 9:20 h. Tamén poderedes facelo o día da festa.
Grazas!

ENQUISA DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

Prezadas familias:

Os membros da nova directiva da ANPA queremos invitarvos a participar nunha pequena enquisa sobre actividades extraescolares. A semana pasada enviámola nunha circular por medio das mochilas do alumnado. Se non a recibistes, podedes imprimila dende esta ligazón. Grazas! 

martes, 6 de junio de 2023

FESTA DE FIN DE CURSO

O mércores 21 de xuño celebraremos a Festa de fin de curso de 16:30 a 20:00 h. Encheremos o cole de inchables e actividades e, para terminar o evento, faremos a nosa xa famosa festa da escuma.
A entrada á festa é gratuíta para os nosos socios e socias, e terá un prezo de 12 €/neno para aqueles que non o sexan.
Lembrade que os nenos e nenas deben estar acompañados e vixiados por un adulto. Están prohibidos os xogos de auga tipo globos ou pistolas, e tamén o uso das duchas.
Os alumnos de 6º farán un bar para recadar fondos para a súa excursión de fin de curso.
No caso de antigos alumnos e alumnas, a idade límite para o acceso e goce da festa son 14 anos; a entrada é gratuíta para aqueles que teñan irmáns socios no cole e para os que non, o prezo será de 12 €/neno.
Por último, lembrade que as instalacións deben quedar o máis limpas posible así que, por favor, facede uso das papeleiras e contedores. Agardámosvos!




REVISTA DO CHOUZO

xa podedes reservar a revista escolar, non quededes sen ela! Prezo: 5 eur. Facede a vosa reserva no correo da ANPA: anpaceipchouzo@gmail.com
Nota: o alumnado de 6° de primaria non ten que mercala.



lunes, 5 de junio de 2023

CHOUZO PÍCNIC'23

Familias do Chouzo:
Despidamos este curso cun pícnic no cole o sábado 17 de xuño a partir das 13:00 h, animádesvos? Nota: o pícnic non substitúe a xa famosa festa da escuma e inchables, que terá lugar o 21 de xuño.



domingo, 14 de mayo de 2023

CONVOCATORIA ASEMBLEAS XERAIS

CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA
A ANPA do CEIP EMILIA PARDO BAZÁN «Chouzo» convoca a todos os seus socios e socias á ASEMBLEA XERAL ORDINARIA que terá lugar o LUNS 29 de MAIO ás 17:30 h en primeira convocatoria e ás 18:00 h en segunda convocatoria no comedor coa seguinte orde do día:
- LECTURA E APROBACIÓN DA ACTA ANTERIOR
- INFORME DO ESTADO DE CONTAS
- INFORME DA XUNTA DIRECTIVA
- FUTURA XESTIÓN DOS SERVIZOS DE MADRUGADORES E MEDIODÍA
- CALENDARIO DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CURSO 23-24
- FESTA DE FIN DE CURSO
- ROGOS E PREGUNTAS

CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA
A ANPA do CEIP EMILIA PARDO BAZÁN «Chouzo» convoca a todos os seus socios e socias á ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA que terá lugar o LUNS 29 de MAIO ás 18:30 horas no comedor coa seguinte orde do día:
- RENOVACIÓN DA XUNTA DIRECTIVA

martes, 9 de mayo de 2023

Exhibición de extraescolares

O próximo venres 2 de xuño, todos os nenos e nenas que participan en extraescolares terán a oportunidade de mostrar os seus progresos durante a xornada de exhibición. Non faltedes!



miércoles, 3 de mayo de 2023

REUNIÓN ABERTA SOBRE RENOVACIÓN DA DIRECTIVA

Convocamos a todas as familias interesadas en participar activamente na ANPA e ocupar algún dos cargos que van quedar vacantes, en favor da continuidade da asociación e dos servizos esenciais que ofrece, á reunión que terá lugar o próximo luns 8 de maio ás 18:00 h no taller de xogos. Animádevos a participar!

miércoles, 19 de abril de 2023

RENOVACIÓN DA XUNTA DIRECTIVA

Prezadas familias:
Este ano toca renovación da xunta directiva da ANPA.
Como todos sabemos, a ANPA do cole é a asociación de nais e pais dos nenos e nenas que están escolarizados no centro, e igual algúns de vós pensaredes... pero que fai a ANPA realmente? Pois a ANPA fai unha chea de cousas: coordinamos as actividades extraescolares; xestionamos o taller de xogos (madrugadores e mediodía); colaboramos na vida do centro en actividades como o «Comando verde» co que estamos a renovar os nosos patios con hortas; organizamos festas conmemorativas; facemos charlas para as familias en temas como igualdade, primeiros auxilios ou nutrición; axudamos a financiar as orlas e a revista escolar; en Nadal, chamamos a Papá Noel e mandamos as cartas ao Apalpador; participamos no consello escolar na toma de decisións importantes para o noso cole; e, por suposto, metémonos de cheo en todas as loitas necesarias para mellorar a calidade da educación, a accesibilidade, as instalacións ou o servizo de comedor, entre outros.
Isto é só unha pincelada de todo o que facemos desde a asociación. En resumo, a Anpa é unha ponte entre as familias e o cole, unha ponte moi valiosa que pode facer que o noso cole sexa un lugar amable no que todos nos sintamos a gusto e creemos un vínculo especial de comunidade.
Pero claro, lendo isto pensaredes, e como se fai? Todo isto faise a través dunha xunta directiva, é dicir, nais e pais voluntarios que forman parte dela como cabezas visibles da asociación. Os cargos da directiva son: presidente/a, vicepresidente/a, secretario/a, tesoureiro/a e tantos vogais como se queira. Como é de esperar, pensaredes tamén que é moito traballo, que non sabedes facer esas cousas ou que non tedes nada que achegar… Nada máis lonxe da realidade! Todas e todos temos unha chea de ideas que achegar e, se o grupo é bo e hai unha correcta repartición de funcións, só hai que ter ganas e distribuír o traballo en diferentes comisións. Se cada persoa achega algo, a directiva da ANPA é moi levadía e tamén gratificante.
A todas as nais e pais que esteades interesados en participar na ANPA e na súa renovación, enviádenos un correo electrónico a anpaceipchouzo@gmail.com. Convocaremos unha reunión para explicarvos todo en detalle.
Saúdos,
A actual directiva da ANPA

martes, 18 de abril de 2023

CAMPAMENTO DE VERÁN 2023

Prezadas familias:

Anunciamos o Campamento de Verán do Chouzo.
Horarios e prezos: https://chouzoanpa.blogspot.com/p/acampamentos.html
Para inscribirvos, facede clic AQUÍ e cubride o formulario en liña.

Máis información no teléfono 665990515 (Silvia Cocofante) e en chouzo@cocofante.es



miércoles, 12 de abril de 2023

CHARLA DE ALIMENTACIÓN SAUDABLE

Charla de alimentación saudable para adultos, impartida por Raquel Lucio Osorio, técnico superior en dietética e nutrición

Data: Mércores 19 de abril de 2023
Horario: 16:30 a 18:30 h
Lugar: CEIP Emilia Pardo Bazán
Organiza ANPA do Chouzo

Hai servizo de gardería.
Inscricións: https://forms.gle/2mbZMmZQeNzWBmTA6

Trataranse os seguintes temas:
- Características xerais dunha dieta sana (nenos e adultos)
- Macronutrientes (que son e onde se atopan)
- A pirámide alimentaria
- Método do prato
- Mitos da alimentación
- Que son os ultraprocesados e publicidade enganosa
- Compra saudable (etiquetado, produtos de supermercado)
- Almorzos, merendas e ceas saudables
- Actividade física: a importancia do deporte
- Obesidade e TCA (influencia das redes sociais)
- Dúbidas e preguntas





CHARLA SOBRE DIVERSIDADE AFECTIVO-SEXUAL

O vindeiro xoves día 20 de abril realizarase unha charla para as familias impartida por Cristina Palacios, presidenta de ARELAS, coa temática "A diversidade afectivo-sexual nas nenas e nenos". A duración da charla será de 2 horas, de 16:30 a 18:30 h na sala de usos múltiples do centro. Contaremos con servizo de gardería grazas á colaboración da ANPA. Esperamos a vosa participación!!!
Por favor cubride o seguinte formulario para poder organizar a charla así coma o servizo de gardería: https://forms.gle/Gg3SbLjsDDaf8Wye9



miércoles, 15 de marzo de 2023

CAMPAMENTO SEMANA SANTA 2023

Prezadas familias:

Anunciamos o Campamento de Semana Santa do Chouzo os días 3, 4, 5 e 10 de abril.
Horarios e prezos: https://chouzoanpa.blogspot.com/p/acampamentos.html
Para inscribirvos, facede clic AQUÍ
e cubride o formulario en liña.

Máis información no teléfono 665990515 (Silvia Cocofante) e en chouzo@cocofante.es  




martes, 28 de febrero de 2023

Recicla aceite no cole

Tirar o aceite sobrante de cociñar polo vertedoiro atasca as canalizacións e, aínda peor, contamina ríos e mares e dana os ecosistemas mariños. O aceite é un axente altamente contaminante que debemos depositar en contedores especiais para a súa posterior reciclaxe.

O aceite reciclable é o aceite vexetal sobrante de asar e fritir e o dos alimentos en conserva. Non debe mesturarse con aceite de motor ou con graxas industriais, pois estas reciben un tratamento diferente por parte dos fabricantes.

Para almacenar o aceite usado, agarda a que arrefríe, méteo en botellas de plástico ben pechadas e deposítao no contedor do colexio.

Por cada contedor que enchamos, recibiremos 15 € que serán reinvestidos no colexio. Así pois, reciclar aceite no Chouzo ten doble vantaxe!





RECOLLIDA DE AXUDA PARA TURQUÍA E SIRIA

Prezadas familias:

Do 27 de febreiro ao 15 de marzo, o noso cole será punto de recollida de axuda humanitaria para os afectados polo terremoto de Siria e Turquía.
O noso horario de recollida e traballo de clasificación será:
Mañás 
 9:00 h a 10:00 h
Tardes – 16:00 h a 17:30 h

En caso de non estar nesas horas, podedes deixar as cousas nun punto habilitado na secretaría do centro.
A todas as persoas que queiran vir botar unha man, que o fagan neses horarios sen aviso previo.

TIPO DE AXUDA:

Medicamentos básicos
Mantas - Sacos de durmir
Tendas de campaña - Esteiras - Colchóns de chan
Kits de hixiene - Compresas
Comida enlatada - Comida para bebés
Cámping gas - Fornelos portátiles
Roupa de nenos - Cueiros

Roupa de adultos
Lanternas - Lámpadas de cámping
Xoguetes - Material para colorear
Grazas pola colaboración!



CHARLA PRIMEIROS AUXILIOS PARA FAMILIAS

Data e hora: Martes 7 de marzo de 16:30 a 18:30 h
Lugar: CEIP Emilia Pardo Bazán - Aula de música (2º andar)
Organiza ANPA do Chouzo
Imparte o curso: Gestos Salvadores (https://www.gestossalvadores.com/)
Inscricións: https://forms.gle/x3FLRLHB7fnk76ZJA
Haberá servizo de gardería.
Prazas limitadas, con prioridade para familias socias da ANPA.





XORNADAS DE RECUPERACIÓN DE OBXECTOS PERDIDOS

Hai algún obxecto que non atopades? E se está no cole? Vinde recuperar os vosos obxectos perdidos!!



martes, 31 de enero de 2023

🎉 🎭 GRAN FESTA DE ENTROIDO NO CHOUZO 🎭 🎉

O vindeiro venres, 17 de febreiro de 16:30 a 19:30 h, celebraremos unha gran festa de Entroido organizada pola ANPA con animación infantil, música, globos, bailes, retos e concurso de disfraces con premios e moita diversión!!!
E para merendar 🍩 🍬 🍰 🍞 🍻 o alumnado de sexto montará un bar para recadar fondos para a excursión de fin de curso!!!
Lembrade que todos os nenos e nenas teñen que estar vixiados por unha persoa adulta.
NON FALTEDES!! 😉 😊



lunes, 30 de enero de 2023

CAMPAMENTO DE ENTROIDO 2023

Prezadas familias:

Anunciamos o Campamento de Entroido do Chouzo os días 20, 21 e 22 de febreiro.
Horarios e prezos: https://chouzoanpa.blogspot.com/p/acampamentos.html
Para inscribirvos, facede clic AQUÍ e cubride o formulario en liña.

Máis información no teléfono 665990515 (Silvia Cocofante) e en chouzo@cocofante.es



lunes, 9 de enero de 2023

POR UN CAMIÑO Á ESCOLA SEGURO

SEGURIDADE VIARIA NO CAMIÑO DO CHOUZO!!
Segundo o acordado na Asemblea celebrada o 12 de decembro, convocamos a toda a comunidade educativa á concentración que terá lugar na porta do colexio o venres día 13 de xaneiro ás 14:00 h.

O CEIP Emilia Pardo Bazán Vigo é un centro público con 450 prazas. O acceso principal do colexio CEIP Emilia Pardo Bazán “Chouzo” de Vigo sitúase nun camiño perigoso que pon en risco as vidas do alumnado e das persoas acompañantes, así como as do profesorado e persoal traballador do centro.
Nese mesmo camiño, entrará un funcionamento unha nova escola infantil con 57 prazas para nenos e nenas de 0 a 3 anos.
Debido á mala visibilidade derivada da propia orografía, ao pobre deseño da rúa, á falta de
elementos de redución da velocidade e sinalización, á incorrecta colocación de colectores do
lixo e outros elementos, así como ao imprudente comportamento dalgúns condutores e condutoras que nunca é vixiado pola policía, danse moi frecuentemente situacións de grave
perigo para a vida das familias.
Isto ten sido denunciado polas familias en múltiples ocasións e por diversas vías ao Concello de Vigo, sen obter aínda unha resposta satisfactoria.
Demandamos: A solución da situación de perigo do Camiño do Chouzo
- O peche do camiño do Chouzo nos horarios de entrada e saída do alumnado: de 8:45 a
9:15 h, de 13:50 a 14:15 h, e de 15:40 a 16:00 h.
- Presenza continuada de policía nos horarios xa citados.
- Retirada inmediata dos colectores do lixo que entorpecen o paso do alumnado polas
zonas habilitadas para tal efecto.
- Máis sinalización que limite a velocidade.
- Colocación de morróns para separar a zona de paso de peóns da zona de paso de automóbiles.
- Colocación ou, no seu defecto, construción de lombos redutores de velocidade.
- Plan urbanístico que inclúa a construción de beirarrúas.




viernes, 6 de enero de 2023

ACTUALIZACIÓN - HORARIO PARA COBRO DE LOTERÍA

Podedes pasar polo local da ANPA no seguinte horario:

Semana do 23 ao 27 de xaneiro:
Martes 24 de 13.40 a 14.00 h
Venres 27 de 17.00 a 17.30 h

Saúdos!