viernes, 29 de mayo de 2026

Asamblea xeral o 15 de xuño


🚨ASAMBLEA XERAL🚨

Convocamos ás familias socias da ANPA á Asamblea Xeral de fin de curso. 

🗓️ Luns 15 de xuño
🕓 17:00h en 1° convocatoria e 17:30h en 2° convocatoria. 
📌Aula de música 

Orde do día:
- Lectura e aprobación da acta anterior 
- Informe da Xunta directiva 
- Calendario e horarios das actividades extraescolares para o curso 26/27. 
- Charlas e formacións
- Presuposto patios 
- Informe do estado das contas 
- Rogos e preguntas

Apreciamos a vosa asistencia para estar ao tanto e coñecer as vosas inquedanzas.

lunes, 25 de mayo de 2026

Mellores momentos da festa da primavera





🌸🌼Na festa da primavera participaron grandes e pequenos entre pinturas, risas, xogos e moitas cousas ricas de comer! Gracias a todas as familias que asistiron e a @trasnosocio pola animación.

Vigo pesqueiro co Chouzo


VIGO PESQUEIRO CO CHOUZO 🐟🦐🪸🫧🦀

O vindeiro domingo 31 de maio faremos unha actividade de marisqueo en familia da man de @vigopesqueiro.  Agardámovos!! 

🗓️ Domingo 31 de maio de 10 a 11:30h 
📍 Praza fronte á igrexa San Miguel de Bouzas 
💷  Menores 3€ e adultos 4€ (Inscrición e pagamento en efectivo no local da ANPA de 9 a 9:30h. ) 

📌 Plazas limitadas.

martes, 19 de mayo de 2026

Comeza a campaña de recollida de leite


Bos dias, se queredes participar na recollida de leite para @asociacionvidadigna coa colaboración de @foanpas , podedes deixar a vosa doazón na caixa de secretaría.

Gracias! 

jueves, 14 de mayo de 2026

Festa da primavera 🌸 22 de maio


🌼🌸FESTA DA PRIMAVERA 🌸 🌼 

O vindeiro venres 22 de maio agardámosvos para celebrar a primavera no Chouzo. Vinde disfrazados co voso millor disfraz primaveral e preparados para xogar en familia. 

🗓️ Venres 22 de maio 
🕖 De 17:15h a 20:15h 
 
📌 Lembrade que os menores deben estar acompañados dun adulto. 

viernes, 8 de mayo de 2026

Acoso en primeira persoa, por Alberto Seoane, o 27 de maio


Pasamos por aquí tamén unha formación organizada por Foanpas, que terá lugar no noso cole. 

FORMACIÓN ACOSO ESCOLAR EN PRIMEIRA PERSOA 
Imparte: Alberto Seoane 
Organiza: @foanpas

🩵 Formación para adultos: familias e docentes. 

📌 Mercores 27 de maio, ás 17h. 

📝 Inscricións no correo foanpas@foanpas.com ou no teléfono:
 986 29 88 12.

Festa exhibición actividades extraescolares 29 de maio


Aquí tedes o cartel da Festa exhibición das actividades extraescolares o vindeiro venres 29 de maio. @chouzovigo

martes, 5 de mayo de 2026

Pacto de familias adolescencia libre de móbiles (2° cole de Vigo en número de afiliadas)


ADOLESCENCIA LIBRE DE MÓBILES 

Xa somos o segundo cole en Vigo en número de familias afiliadas ao Pacto libre de móbiles na adolescencia. 

Se queres formar parte do cambio e respectar o principio de precaución e as recomendacións sanitarias, súmate ás 61 familias do Chouzo que xa están unidas para retrasar o smartphone ata os 16 anos. Xuntas somos máis fortes!!

Únete polo benestar da infancia e adolescencia: 

https://www.pacto.adolescencialibredemoviles.es/index.php?key=c&contenido=pactos_centro&codigo_centro=36010708

Ideas clave da II Charla sobre o acoso

O QUE APRENDEMOS NA II CHARLA DO ACOSO:

Primeiro recordamos como identificar o acoso. Debe ser: 
- Coa intención de facer dano
- ⁠Continuado no tempo

Os diferentes tipos de acoso son: 
- Verbal
- ⁠Físico
- ⁠Emocional. Deixar de lado, facer o vacío. Neste caso as víctimas de acoso expresan que é o que máis dano lles fai. 

Como familias, debemos tentar reforzar unha boa autoestima nos nosos fillos/as: é un conxunto de creencias e percepciones dun mesmo.
 
Aprendemos a importancia do reforzo positivo e o efecto pigmalion. Ex. Se sempre escoitan que son torpes, desordenad@s, vag@s, maleducad@s,… ou list@s, bos/as, xeneros@s, amables, como te esforzas!! Son moi importantes as palabras que escoitan no día a día porque na maioría das veces impactan no seu rol, conducta e comportamento, e isto pode afianzar o negativo ou o positivo.

Ollo coas espectativas vs realidade. O que ven e vemos nas RRSS de familias, viaxes...esas situacións idílicas que distan moito de axustarse a unha realidade. 

Aprendemos por imitación. É moi importante ser un exemplo a seguir. Ex. Se nos escoitan criticar ou xulgar de maneira despectiva aos demais, el@s o replicaran ao seu xeito.

Vimos un video cuns adolescentes na clase nombrando os insultos e descalificaciones que lembraban recibir e compartían o que lles facían sentir ao escoitalos. Tamén os alagos e adxectivos positivos e como cambia o seu sentimento ao recibilos. 

A importancia de marcar límites reside en que:
- Nos axudan a entender o mundo
- ⁠Aportan seguridade
- ⁠Sabemos que esperan de nos
- ⁠Deben ser obxectivos
- ⁠O adulto é responsable de facelos cumprir
- ⁠Firmes e consecuentes
- Negociables
- ⁠Elexir ben as batallas

Moito perigo na sobreprotección xa que conleva a pouca autonomía, inseguridade, codependencia e autoconcepto negativo.

Gracias a @arnelagabinete e as familias asistentes por facelo posible!

Obradoiro Comunicación 11 de maio


OBRADOIRO COMUNICACIÓN
Imparte: PLDA Concello de Vigo 

🩵 Formación para familias e docentes. 

📌 Luns 11 de maio, de 16:30 a 18:30 h na Aula de música. 

📝 Inscricións no correo anpaceipchouzo@gmail.com. (Indica no correo a idade dos menores e o centro educativo). Poden acudir familias de fóra do cole (con prioridade para as familias do Chouzo). 

🐣 Haberá servizo de ludoteca. Indica se @ menor asistirá ó obradoiro ou a ludo, e a que centro pertences . (Servizo de balde para familias do Chouzo, 2€ para familias de fóra