martes, 31 de enero de 2023

🎉 🎭 GRAN FESTA DE ENTROIDO NO CHOUZO 🎭 🎉

O vindeiro venres, 17 de febreiro de 16:30 a 19:30 h, celebraremos unha gran festa de Entroido organizada pola ANPA con animación infantil, música, globos, bailes, retos e concurso de disfraces con premios e moita diversión!!!
E para merendar 🍩 🍬 🍰 🍞 🍻 o alumnado de sexto montará un bar para recadar fondos para a excursión de fin de curso!!!
Lembrade que todos os nenos e nenas teñen que estar vixiados por unha persoa adulta.
NON FALTEDES!! 😉 😊



lunes, 30 de enero de 2023

CAMPAMENTO DE ENTROIDO 2023

Prezadas familias:

Anunciamos o Campamento de Entroido do Chouzo os días 20, 21 e 22 de febreiro.
Horarios e prezos: https://chouzoanpa.blogspot.com/p/acampamentos.html
Para inscribirvos, facede clic AQUÍ e cubride o formulario en liña.

Máis información no teléfono 665990515 (Silvia Cocofante) e en chouzo@cocofante.es



lunes, 9 de enero de 2023

POR UN CAMIÑO Á ESCOLA SEGURO

SEGURIDADE VIARIA NO CAMIÑO DO CHOUZO!!
Segundo o acordado na Asemblea celebrada o 12 de decembro, convocamos a toda a comunidade educativa á concentración que terá lugar na porta do colexio o venres día 13 de xaneiro ás 14:00 h.

O CEIP Emilia Pardo Bazán Vigo é un centro público con 450 prazas. O acceso principal do colexio CEIP Emilia Pardo Bazán “Chouzo” de Vigo sitúase nun camiño perigoso que pon en risco as vidas do alumnado e das persoas acompañantes, así como as do profesorado e persoal traballador do centro.
Nese mesmo camiño, entrará un funcionamento unha nova escola infantil con 57 prazas para nenos e nenas de 0 a 3 anos.
Debido á mala visibilidade derivada da propia orografía, ao pobre deseño da rúa, á falta de
elementos de redución da velocidade e sinalización, á incorrecta colocación de colectores do
lixo e outros elementos, así como ao imprudente comportamento dalgúns condutores e condutoras que nunca é vixiado pola policía, danse moi frecuentemente situacións de grave
perigo para a vida das familias.
Isto ten sido denunciado polas familias en múltiples ocasións e por diversas vías ao Concello de Vigo, sen obter aínda unha resposta satisfactoria.
Demandamos: A solución da situación de perigo do Camiño do Chouzo
- O peche do camiño do Chouzo nos horarios de entrada e saída do alumnado: de 8:45 a
9:15 h, de 13:50 a 14:15 h, e de 15:40 a 16:00 h.
- Presenza continuada de policía nos horarios xa citados.
- Retirada inmediata dos colectores do lixo que entorpecen o paso do alumnado polas
zonas habilitadas para tal efecto.
- Máis sinalización que limite a velocidade.
- Colocación de morróns para separar a zona de paso de peóns da zona de paso de automóbiles.
- Colocación ou, no seu defecto, construción de lombos redutores de velocidade.
- Plan urbanístico que inclúa a construción de beirarrúas.




viernes, 6 de enero de 2023

ACTUALIZACIÓN - HORARIO PARA COBRO DE LOTERÍA

Podedes pasar polo local da ANPA no seguinte horario:

Semana do 23 ao 27 de xaneiro:
Martes 24 de 13.40 a 14.00 h
Venres 27 de 17.00 a 17.30 h

Saúdos!