lunes, 9 de enero de 2023

POR UN CAMIÑO Á ESCOLA SEGURO

SEGURIDADE VIARIA NO CAMIÑO DO CHOUZO!!
Segundo o acordado na Asemblea celebrada o 12 de decembro, convocamos a toda a comunidade educativa á concentración que terá lugar na porta do colexio o venres día 13 de xaneiro ás 14:00 h.

O CEIP Emilia Pardo Bazán Vigo é un centro público con 450 prazas. O acceso principal do colexio CEIP Emilia Pardo Bazán “Chouzo” de Vigo sitúase nun camiño perigoso que pon en risco as vidas do alumnado e das persoas acompañantes, así como as do profesorado e persoal traballador do centro.
Nese mesmo camiño, entrará un funcionamento unha nova escola infantil con 57 prazas para nenos e nenas de 0 a 3 anos.
Debido á mala visibilidade derivada da propia orografía, ao pobre deseño da rúa, á falta de
elementos de redución da velocidade e sinalización, á incorrecta colocación de colectores do
lixo e outros elementos, así como ao imprudente comportamento dalgúns condutores e condutoras que nunca é vixiado pola policía, danse moi frecuentemente situacións de grave
perigo para a vida das familias.
Isto ten sido denunciado polas familias en múltiples ocasións e por diversas vías ao Concello de Vigo, sen obter aínda unha resposta satisfactoria.
Demandamos: A solución da situación de perigo do Camiño do Chouzo
- O peche do camiño do Chouzo nos horarios de entrada e saída do alumnado: de 8:45 a
9:15 h, de 13:50 a 14:15 h, e de 15:40 a 16:00 h.
- Presenza continuada de policía nos horarios xa citados.
- Retirada inmediata dos colectores do lixo que entorpecen o paso do alumnado polas
zonas habilitadas para tal efecto.
- Máis sinalización que limite a velocidade.
- Colocación de morróns para separar a zona de paso de peóns da zona de paso de automóbiles.
- Colocación ou, no seu defecto, construción de lombos redutores de velocidade.
- Plan urbanístico que inclúa a construción de beirarrúas.




No hay comentarios: