Asociarse e descontos

A ANPA SOMOS TODOS!

ANPA é a Asociación de Nais e Pais de Alumnos do cole que desenvolve distintas accións a favor dos nenos/as, entre as que destacan a organización das actividades extraescolares e os talleres de madrugadores e mediodía, a colaboración co colexio na mellora das instalacións e equipamento e a organización de festas, sendo o seu principal fin velar polos dereitos dos alumnos/as do colexio no tocante á súa educación.

cota de socio da ANPA é de 15 € anuais por unidade familiar. Este importe ingresarase na conta bancaria ES56 2080 5104 8430 4001 2105 (Abanca). No apartado de concepto faranse constar os apelidos da unidade familiar que se fai socia (é dicir, os apelidos dos nenos/as).

Cada familia terá que cubrir un formulario en liña cos seus datos aquí

Importante: Aquelas familias que paguen a cota pero non cubran o formulario non figurarán na lista de socios.
  



LISTA DE DESCONTOS CURSO 2023-24:

Copicor, Torrecedeira 115, 10% en compras superiores a 10 €

Prisma, Coruña 56, 5 % en libros (excepto libros de texto) e 10 % en papelaría

Zapatería infantil El patio de Hugo, Av. Florida 34, 10 % (excepto Bobux, Feroz e pezas Meli; non aplicable a ofertas e rebaixas)

Arrolos de Mai/Minimonstros, Teixugueiras 32, portal 2, 5 % (excepto artesanía, porteo e mobles; non acumulable a outras ofertas e descontos) e 5 % en libros de texto sempre que se faga reserva e pagamento (cheque Xunta) antes do 31 de xullo de 2023

Belu Rodríguez Fotografía infantil, Illas Canarias 4, 10 % (excepto campaña de Nadal)

Fisioterapia Pejito, Barcelona 78, 10 % en todos os servizos

Glup Animación Infantil, Gran Vía 38, 3b, 15% en todos os servizos (festas, animacións, obradoiros, campamentos...)

Baby Hogar Infantil, Barcelona 84 e López Mora 94, 10 % en artigos de tempada (uniformes escolares, artigos rebaixados e roupa de cerimonia non incluídos)

Ferraxería Valfer, Coruña 52, 10 % (excepto produtos en oferta ou liquidación)

Perruquería-Barbaría Bella Bambina, Rua Torrecedeira 97, 10 % excepto tratamentos

This Way Language Center, Praza Eugenio Fadrique 5, 5 % sobre as tarifas do curso 2023-2024, non acumulable con outros descontos. (Na circular había unha errata. Desculpade as molestias).

Kenguru Espacio Familiar, Avda. do Rebullón 7, Mos, matrícula gratuíta e 5 % de desconto na cota mensual durante todo o curso 2023-24

British Heritage, Av. Florida 32, matrícula gratuíta e 10 % de desconto na cota mensual (programa Básico no que os alumnos e alumnas se integran, segundo idades e niveis, nos cursos que lles correspondan)

NOVO! Tenda xogos de mesa Customeeple.Rua Torrecedeira, 6415% de desconto
 
NOVO! Trasnos Ocio Infantil. Rua Barcelona, 80. Primeira hora de xogo por 2'50€ e 10% de desconto na celebración de aniversarios





No hay comentarios: