AULA MADRUGADORES
A aula de madrugadores é un servizo de conciliación para as familias que precisan deixar aos nenos/as antes do inicio do cole. Os nenos/as quedan no taller de xogos cunha monitora das 7:30h ata as 9:00h que entran ao colexio. O alumnado pode chegar á hora que o precise dentro dese intervalo. O acceso é pola entrada principal do cole (camiño do Chouzo), hai que chamar ao timbre para que abran.
AULA MEDIODÍA
A aula de mediodía é un servizo de conciliación para nenos/as que non van a comedor e quedan na aula de xogos á saída do colexio, dende ás 14h ata as 15:15 h (hora máxima de recollida). A monitora recollerá ao alumnado á saida da sua aula e logo as familias os recollerán no taller de xogos como máximo ás 15:15h.
- Para utilizar os servizos de conciliación é imprescindible ser socia da ANPA (afíliate agora aquí) e cubrir o formulario correspondente.
- Os nenos/as de 4ªInfantil non poderán facer uso deste servizo ata o mes de outubro (normas da escola).
- Os dous servizos de conciliación desenvólvense no Taller de xogos (antiga casa do porteiro).
- Os días de asistencia deberán indicarse na ficha de inscrición e serán sempre os mesmos (p. ex. se se indica martes e xoves, o neno/a non poderá facer uso do servizo un mércores).
- Os pagos mensuais serán cargados no número de conta indicado polo solicitante nos primeiros 10 días do mes seguinte. No caso de impago continuado o neno/a se dará de baixa no servizo.
- O prezo do servizo será igual todos os meses independentemente do número de días lectivos.
- BAIXA DO SERVIZO: A baixa no servizo deberá comunicarse por email cun mínimo de 15 días de antelación indicando a data efectiva. Se unha familia se da de baixa, a posibilidade de retomar o servizo máis adiante dependerá da disponibilidade de prazas nese momento. A devolución dun recibo conleva un gasto bancario, polo que no caso de facer a devolución do cargo se lle repercutirá o gasto asociado á transferencia á familia contratante do servizo. Antes de facer a devolución, por favor contactade connosco para buscar unha solución conxunta. ¡Gracias!
- DÍAS SOLTOS: Os días soltos deben avisarse con antelación ao uso do servizo. No caso de emerxencia ou similar, pódese facer uso do servizo e avisar a posteriori, tan pronto como sexa posible. No caso do uso puntual do servizo mediodía, por favor avisade na Secretaría do cole (886 12 00 78) e á tutora do neno/a para xestionar a recollida na aula. (Para o servizo de madrugadores non é preciso avisar previamente). O neno/a deberá identificarse co nome e apelidos para que o monitor ou monitora o anote na lista de asistencias.
- Os cobros dos días soltos se pasarán cada dous meses, pasando o primeiro cobro a inicios de novembro e o último a final de xuño.
- No caso de non atender ás recomendacións marcadas polas/os monitoras sobre as normas de conducta, de se producir faltas de respeto ou violencia tanto ao alumnado como aos monitores ou un uso indebido dos materiais, etc. os usuarios poderán perder o dereito a utilizar o servizo, tanto o madruga como o de mediodía.
PREZO POR SERVIZO:
- Mes completo (Os nenos/as que usen o servizo o mes completo ou de 3 a 5 días á semana):
35,00 €/mes 1 neno/a
25,00 €/mes segundo irmán
15,00 €/mes terceiro irmán
- Medio mes (Os nenos/as que usen o servizo medio mes, semanas alternas ou 1 ou 2 días/semana. Máximo 10 días ao mes):
25,00 €/mes 1 neno/a
15,00 €/mes segundo irmán
10,00 €/mes terceiro irmán
- Días soltos (Uso puntual do servizo):
3€/día 1 neno/a
2,5 €/día irmáns sucesivos
* Os nenos/as que contraten mes completo na aula madruga e na aula mediodía, terán un prezo reducido de 25€/mes por cada servizo.
FAMILIAS CON BONOS SEN UTILIZAR:
A partir deste curso 2025/2026 xa non existirán o bono 10 nin o bono 30.
As familias con bonos sin utilizar, por favor enviade un correo a anpaceipchouzo@gmail indicando o apelido da unidade familiar e o tipo de bono e se lles reembolsarán os cartos. Desculpade as molestias.
-----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
ALGUNHAS IMAXES DO TALLER DE XOGOS:
Día do amor 2023 no Taller de Xogos.
Entroido 2023 no Taller de Xogos.
Samaín 2022 no Taller de Xogos.
Día da paz 2022.
Entroido 2020 no Taller de Xogos.


Celebrando o día do amor no Taller de Xogos, 14 de febreiro de 2020.
Scrapbooking polo Día da Paz.
Así de ben o pasan os nenos no taller matinal, preparando decoracións de Nadal!
No hay comentarios:
Publicar un comentario