miércoles, 24 de abril de 2024

Obradoiro "Benestar na familia, coidándonos en equipo"


Pechamos un curso repleto de formacións cun obradoiro moi útil no noso día a día. Ven aprender ferramentas para coidar o trato e a comunicación dentro da familia, coñecer recursos de axuda ás familias e sentar as bases do autocoidado. Porque sexa como sexa a tua familia, somos un equipo! 

❤️ Obradoiro "Benestar na familia, coidandonos en equipo" da man de @querote_mais da @xuntagalicia. 

🗓️ Mércores 8 de maio a partir das 17h. 

📝 Solicita a tua plaza no correo anpaceipchouzo@gmail.com. 

🐣 Indica no correo se precisas servizo de conciliación para que as túas crianzas queden na aula de xogos cun monitor. 

martes, 23 de abril de 2024

Sorteo para ser portada do cartel do Picnic fin de curso



🎨 Sabemos que temos moitos artistas no cole e por iso queremos convocamos a participar nun sorteo moi creativo! 

🖌️ Cada cativo/a debe facer un debuxo de como se imaxina un día de picnic no cole. Encantaranos que deixen voar a sua imaxinación.Vale todo! 
Todos os debuxos recibidos se exporán na ventá do local da ANPA.

📝 O xoves 16 de maio faremos un sorteo entre todos os debuxos recibidos. O gañador /a do sorteo será o cartel do picnic Fin de curso que se porá no tablón de anuncios e se difundirá por redes sociais e ademais levará unha super camiseta do ANPA e un vale na copistería Prisma por valor de 5€. 

🗓️ Podedes achegar os vosos debuxos ata o 16 de maio ao local. 

Animádevos a participar!! 

lunes, 15 de abril de 2024

Exhibición extraescolares curso 2023/2024


O vindeiro venres 31 de maio a partir das 16:30h terá lugar a Exhibición de actividades extraescolares do noso cole da man de @cocofantecocofante @ofiadeiro @clubmaniotas e Judo club Galicia sur. Será un placer desfrutar de toda a aprendizaxe do alumnado ao longo do curso!!

Excursión ás Illas Cies!!

 



O Chouzo marcha ás illas Cíes! Anímate a participar nunha excursión moi divertida e refrescante!

Será o vindeiro sábado 15 de Xuño de 10:45h (porto de Vigo) ata ás 19:15h que regresaremos dende Cíes.  
Será obrigatorio presentarse 30 minutos antes no porto de saída e de regreso, para o embarque.

O prezo da excursión é de 8,70€ por persona (o prezo será o mesmo para familias socias e familias non socias) e para as crianzas de 0 a 4 anos será de balde, (pero hai que anotalos igualmente).

O prazo de inscrición é do 8 ao 19 de abril (ou ata esgotar as prazas) no local da Anpa en horario de 9:00 a 9:30 (de luns a venres) e de 16:30 a 17h (martes e xoves).
O pago se fará en efectivo no momento da inscripción.

As prazas son limitadas e asignaranse por rigoroso orde de inscrición.  

Se precisas máis información envíanos un correo electrónico a anpaceipchouzo@gmail.com.

Bulide que nos vamos! 

miércoles, 20 de marzo de 2024

Formación primeiros auxilios para 4° e 6° (Gestos salvadores)

Dende a ANPA subvencionamos por terceiro ano consecutivo a formación de primeiros auxilios para os cursos de 4° e 6° de primaria da man de Gestos Salvadores. Somos un dos poucos coles que fai este tipo de iniciativa en Vigo e queremos seguir facéndoo porque cremos que é moi importante para a formación dos nosos nenos e nenas!

martes, 19 de marzo de 2024

Segunda xornada da Liga de Natación Escolar

O noso alumnado máis acuático voltou participar na segunda xornada da Liga de Natación escolar representando ao cole, desta volta con competicións de 25 metros libre e 25 metros espalda en categoría Promesas (nados entre 2016 a 2018) e Benxamíns (de 2012 a 2015). 
Saíron moi motivados e con gañas de seguir sumando puntos para o cole na terceira e última competición que se disputará no mes de maio, onde saberemos qué escola será a gañadora deste ano. Por suposto, todos os participantes levarán unha medalla polo esforzo. Moita sorte e ánimo!

martes, 12 de marzo de 2024

Formación primeiros auxilios para familias (Gestos salvadores)

Esta tarde tivemos a formación de primeiros auxilios para familias financiada polo ANPA da man de Gestos salvadores

Unha xornada directa e práctica que nos empoderou e capacitou para reaccionar ante situacións de crise como unha parada cardio respiratoria ou un atragantamento.

Gracias Julio por ser tan directo e amable,  por espertar conciencias e saber equilibrar a seriedade e o humor.

Aprender a actuar ante estás situacións pode salvar una vida!

domingo, 10 de marzo de 2024

Charla Ferramentas afectivo-sexuais na infancia (Amino)


Este venres tivemos unha charla sobre Ferramentas afectivo- sexuais na infancia impartida pola asociación @amino.gal . Dada a importancia do tema deixámosvos unhas pinceladas sobre a información compartida durante a sesión: 

Por un lado, faláronnos da relevancia da educación afectivo-sexual dende a primeira infancia, de como manter un diálogo sano cos menores, ensinándolles os nomes das zonas intimas e a saber respectarse a un mesmo e aos demais dende pequenos/as. A familia debe ser exemplo dunha relación sana alonxada da violencia verbal e física.

É fundamental ensinar a diferenciar os tipos de segredos, os que nos fan "sentir bien" e os que nos fan "sentir mal", de maneira que aprendan a detectar a violencia e saiban a onde acudir en caso de experimenta-la. Explicáronnos os signos de alerta para detectar abusos sexuais en distintas franxas de idade na infancia.

Puxéronnos o acento na importancia de acompañar no descubrimento da sexualidade, ofrecer ferramentas como buscar información xuntos en contos e libros, explicar o que poden atopar en internet, por exemplo o porno, que é ficción e a miudo violento e degradante para a muller.

En tanto aos vídeoxogos, se debe revisar a recomendación por idades (PEGI) e ter conta dos perigos dos xogos en liña, onde pode haber personas que se enmascaran e intentan sobornar con premios a cambio de fotografías íntimas, etc…). Sin embargo, lamentablemente o 80% de abusos a menores dase dentro do marco de confianza (familia, veciños , etc). 

En definitiva, se os menores teñen unha boa base de educación afectivo sexual, saberán o que lles fai sentir ben e o que lles fai sentir mal, e será mais probable que detecten os abusos e pidan axuda, así como a formar relacións afectivas sanas. 

Ante a sospeita de abusos, pódese contactar con @amino.gal e solicitar asesoramento gratuíto de psicólogas, avogados e educadoras. 

Gracias por todo @amino.gal 

viernes, 23 de febrero de 2024

Formación Primeiros auxilios para familias

 O vindeiro martes 12 de marzo de 17 a 19h repetimos no cole cunha formación de Primeiros auxilios para familias que sempre resultou moi interesante e dinamica. Aprenderemos consellos básicos para reaccionar ante un sinistro e practicaremos a reanimación RCP de primeira man.

Anótate no correo anpaceipchouzo@gmail.com indicando se precisas servizo ludoteca para a rapazada.
Imparte a asociación Gestos Salvadores. (https://www.gestossalvadores.com/)




Novos colaboradores do ANPA!

 Cada pouco imos sumando colaboradores para que as nosas familias desfruten de descontos durante este curso! Agora toca o de Ocio Infantil Trasnos, podes ver as condicións da promoción, aquí.





lunes, 19 de febrero de 2024

As aves do noso patio

Estas son algunhas das aves que podemos observar e disfrutar nos patios do Chouzo:

Verderolo común
Carboeiro común
Pardal común
Merlo común
Rabirrubio tizón
Lavandeira branca
Pomba bravía ou doméstica

Se observades algunha otra especie ou animal, compartideo neste fío ou nas nosas redes sociais!!


viernes, 16 de febrero de 2024

Super festa do entroido


Bravo polos nosos gañadores desta tarde!! Un ano máis pasámolo pipa no entroido do cole con música, xogos e sorteos, e desta vez tamén bailando un limbo e un taller de trolls que quedaron ben chulos. Gracias a todos por vir e compartir en familia. 




martes, 30 de enero de 2024

Festa de entroido 2024


O entroido está ao caer e no Chouzo ímolo celebrar por todo o alto! O vindeiro venres 9 de febreiro a partir das 17h pasaremos unha tarde moi divertida en familia, con sorpresas para todxs. Vinde disfrazados!!

martes, 9 de enero de 2024

Liga Natación Escolar 2024

Este ano participamos na Liga de Natación Escolar que terá lugar na Piscina municipal do Carme (Complexo Municipal das Travesas) nas seguintes datas: 

🗓️ 28 de xaneiro, 17 de marzo e 26 de maio.
🕘 Horario: de 9:00h a  14:00h. 

As categorías participantes serán: 

Categoría Promesas (nacidos/as nos anos 2016, 2017 e 2018).
Categoría Benxamíns (nacidos/as nos anos 2012, 2013, 2014 e 2015).

As probas serán as seguintes.

🏊 Xornadas do 28 de xaneiro e o 17 de marzo:
25 metros libres mixtos Promesas
25 metros libres espalda Promesas 

25 metros libres mixtos Benxamíns
25 metros libres espalda Benxamíns

🏊  Xornada do 26 de maio:  

25 metros libres mixtos Promesas 
25 metros libres mixtos Benxamíns

Aqueles interesados/as deben enviar un correo a anpaceipchouzo@gmail.com para anotarse na 1a Xornada antes do 19 de xaneiro e se lles indicará como encher o formulario de inscrición.


martes, 2 de enero de 2024

Recollida de xoguetes para este Nadal

Este Nadal recollemos  xoguetes para repartir entre familias desfavorecidas da man da Asociación de Bombeiros de Vigo. Os xoguetes deben ser a estrear, para que os nenos e nenas reciban un agasallo novo. Xa tedes as caixas en secretaria. Graciñas a todos e todas por colaborar!