Obradoiro de Saúde Mental: Conectando a Ansiedade e a Depresión coa Relaxación
🗓️ Mércores 20 de novembro ás 16 horas na aula de Música
🙋Imparte: Andrea Tumbeiro Romero, Técnica Superior en Estética Integral e Benestar, Masaxista e Enfermeira.
📩 Inscricións no correo anpaceipchouzo@gmail.com. Indica se precisas servizo de ludoteca para deixar aos nenos/as. (Este servizo é de balde para as familias socias da ANPA e ten un custe de 2€ para as familias que non son socias).
Neste obradoiro exploraremos a conexión entre a ansiedade e a depresión e veremos cómo a práctica da relaxación pode ser unha ferramenta poderosa para millorar a nosa saúde mental.
A través dunha sesión guiada de meditación e técnicas de relaxación, aprenderemos a xestionar o estrés e a fomentar un estado de benestar.
¡Únete a nos e descubre cómo cultivar a paz interior e millorar a tua calidade de vida!
Agardámoste!
Nota: Este obradoiro está aberto a familias de fóra do cole, con prioridade de asistencia ás familias do Chouzo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario