INSCRICIÓN EXTRAESCOLARES
Para matricularse nas actividades extraescolares é imprescindible ser familia socia da ANPA (afilíate agora aquí) e enviar un correo electrónico a anpaceipchouzo@gmail.com indicando os seguintes datos:
- Nome e curso do neno/a
- Nome e teléfono do proxenitor
- Que días vai (si queda a comedor)
- Actividade/se ás que se anota
CONDICIÓNS EXTRAESCOLARES
- As clases comezan o 1 de outubro de 2025.
- Algunhas actividades están suxeitas ao pago de seguros, licencias e equipamento, así como á obriga de federarse (Judo).
- A realización da actividade está suxeita a acadar un grupo mínimo de nenos/as, en caso contrario non se levará a cabo.
- Os nenos/as que van ao comedor e teñan actividades ás 17:00h poderán quedar no colexio ata o comenzo da extraescolar.
- En caso de que o neno ou nena teña necesidades educativas especiais, debedes poñervos en contacto coa ANPA para comunicar esta circunstancia enviando un correo a anpaceipchouzo@gmail.com.
PLAZAS CUBERTAS - SE ALGUÉN QUEDOU SEN PLAZA PARA PISCINA CONTACTADE EN XANEIRO
A actividade de piscina realízase na Piscina Municipal do Pavillón do Carme e ten un custo anual de 66,80€ por neno/a ao ano. A continuación veredes os horarios disponibles para o noso alumnado e as condicións de inscrición:
CONDICIÓNS INSCRICIÓN
- É imprescindible ser familia socia da ANPA para inscirbir ao neno/a en psicina.Ver cómo asociarse á ANPA. Importante! Garda no móbil o xustificante de pago da cota de socia porque é obrigatorio adxuntalo no formulario de actividades.
- Inscribe ao neno/a do 1 ao 18 de setembro a través do formulario online. (A actividade é un só dia á semana por neno/a). Importante! A adxudicación das plazas farase por orde de inscrición.
- Os nenos/as que se anotan por primeira vez terán que cubrir esta ficha de datos e enviala por correo electrónico a anpaceipchouzo@gmail.com ou depositala no buzón ou no da ANPA directamente, onde tamén teremos copias para cubrir no momento.
- Como as plazas son limitadas, cando finalice o periodo de inscrición temos que verificar o cupo e logo porémonos en contacto convosco para que fagades o ingreso si a plaza está confirmada ou para ofrecervos outras alternativas. Unha vez teñades a confirmación da praza por parte do ANPA (por correo electrónico), deberedes realizar o pago por neno/a na conta da ANPA (ES56 2080 5104 8430 4001 2105) indicando no concepto PISCINA + APELIDOS DO(S) NENO(S)
- Non se poden facer devolucións da cuota no caso de que o neno/a decida deixar a actividade (Normas do Instituto Municipal de Deportes).
- No caso de que o neno/a teña necesidades físicas especiais, por favor poñédevos en contacto coa ANPA enviando un correo a anpaceipchouzo@gmail.com de cara a adaptar a actividade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario