jueves, 30 de abril de 2026

CHOUZO E POLITÉCNICO XUNTOS EN DEFENSA DO ENSINO!!!! 18:30h- porta do Politécnico


CHOUZO E POLITÉCNICO XUNTOS EN DEFENSA DO ENSINO!!!! 18:30h-  porta do Politécnico 

Únete a esta bonita iniciativa e acude o 6 de maio ás 18:30h a porta do IES Politécnico para ir todos xuntos á manifestación polo ensino público. Xa temos preparada unha faixa xigante para que leve a rapazada. Traede cacharros para montar barullo! 
 

MANIFESTACIÓN POLO ENSINO PÚBLICO 

🗓️ Mércores 6 de maio 
🕖 19h 
📌Cruce Vía Norte con Urzáiz

miércoles, 29 de abril de 2026

Manifestación ensino público 6 de maio


O vindeiro mércores mobilizámonos polo ensino público . Acudide en familia á loitar polos nosos dereitos 💪

🗓️ Mércores 6 de maio 
🕖 19h 
📌Cruce Vía Norte con Urzáiz 

ollo!! o luns non hai cole !! campamento Cocofante

Patrocinio revista do cole


*Tes un negocio e queres colaborar coa revista do Chouzo?* 

Ao igual que nos anos anteriores, podes facerte patrocinador cunha aportación voluntaria para que o teu logotipo apareza na contraportada da revista do cole (aprox. 160 exemplares) 

Si estás interesado, escríbenos a a anpaceipchouzo@gmail.com e fainos a tua proposta

Moitísimas gracias a todas as familias e amigos colaborador@s.

jueves, 23 de abril de 2026

Campamento de verán 2026


Reserva revista do cole


Boa tarde! Xa podedes facer a reserva da revista do cole enviando un correo a anpaceipchouzo@gmail.com, indicaremoste un numero de conta para facer o pago. 

Nota: o alumnado de 6° de primaria xa terá revista por defecto.

martes, 21 de abril de 2026

OBRADOIRO ACOSO (II)


AGORA Si!!! 

OBRADOIRO PREVENCIÓN DO ACOSO (2ª parte) 
Imparte: Gabinete Arnela 

🩵 A formación é adecuada para proxenitores, educadores e menores a partir dos 7 anos. Haberá un profesional para os adultos e outro para os menores, rematando cunha reflexión conxunta. 

📌 Martes 28 de abril,  de 16:30 a 18h na Aula de música para menores e aula de 5º para adultos.

📝 Inscricións no correo anpaceipchouzo@gmail.com. (Indica no correo a idade dos menores e o centro educativo). Poden acudir familias de fóra do cole (con prioridade para as familias do Chouzo). 

🐣 Haberá servizo de ludoteca. Indica se @ menor asistirá ó obradoiro ou a ludo, e a que centro pertences . (Servizo de balde para familias do Chouzo, 2€ para familias de fóra).

viernes, 17 de abril de 2026

apuntes sobre a charla das adiccións


Aquí vos deixamos unhas anotacións da charla sobre adiccións do pasado mércores, da man da asociación Érguete. Moitas gracias pola sua colaboración e ás familias que asistiron.

·  Aprendimos que é unha adicción, os tipos que existen (con ou sen sustancias) e o impacto negativo que conlevan. Todas teñen en común a dependencia á gratificación inmediata e o aumento da dopamina que producen. É importante non afastarse das situacións ou actividades onde a dopamina se atopa de forma equilibrada e saudable (deporte, relacións sociais e familiares…)

·  Quedamos abraiados coas cifras das novas adiccións sen substancias que están a aumentar cada día: redes sociais, apostas deportivas, videoxogos online, porno…

Os principais factores de risco son:
·  As actitudes antisociales
· A disponibilidade, normalización das drogas e as actitudes faborables ante o consumo
·  O fracaso escolar
·  O inicio temperán
·  A baixa ou excesiva supervisión familiar
·  A búsqueda de novidade.

Os factores de protección son:
·   As actitudes negativas ante o consumo
·   As habilidades e competencias sociais
·   As normas e os límites
·   O interese polo ámbito escola
·   Ter un autoconcepto e autoestima positivas
·   Un ambiente familiar de cariño e apoio
·   ⁠Un ocio saudable e participación en actividades deportivas, culturais e sociais.

E aprendimos a empregar estratexias coma:
- Tempo
- ⁠Informarse
- ⁠Consensuar
- ⁠Dialogar
- ⁠Claridade
- ⁠Sinceridade
- ⁠Escoita
- ⁠Acordos

martes, 14 de abril de 2026

EXCURSIÓN ÁS ILLAS CÍES- 6 de xuño


☀️EXCURSIÓN ÁS ILLAS CÍES 🐚

🚢 O vindeiro 6 de xuño a ANPA organiza unha excursión en familia ás Illas Cíes.  

-  Saída do porto de Vigo: 10:45h .
-  Regreso das Illas Cíes: 19:00h .

(*) É obrigatorio presentarse 30 minutos antes no porto de saída e de regreso. 

💷 O prezo é de 8,30€/ persona (Os nenos/as de 0 a 4 anos van de de balde, pero hai que anotalos igualmente). 

📝 Podes inscribirte no local da ANPA do 15 ao 24 de abril (ou ata esgotar as prazas) en horario de 9:00 a 9:20h, e o martes 21 e o venres 24 de 16:15 a 17:00h.
Importante: traer a circular cuberta e o importe exacto. 
📥 As prazas son limitadas ao alumnado do CEIP Emilia Pardo Bazán + 2 acompañantes adultos.
- As prazas asignaranse por orde de inscrición. 
Para máis información, enviade un correo electrónico a anpaceipchouzo@gmail.com.