miércoles, 18 de octubre de 2023

RECOLLIDA DE FIRMAS CONTRA A PRIVATIZACIÓN DOS SERVIZOS MUNICIPAIS

RECOLLIDA DE FIRMAS CONTRA A PRIVATIZACIÓN DOS SERVIZOS MUNICIPAIS

Bdías! Estamos recollendo sinaturas en apoio á protesta contra a situación dos conserxes no ensino público. Acudide ao local de 9 a 9:20 h para asinar. Moitas gracias pola vosa colaboracion.

A labor das/os oficiais de instalacións municipais é fundamental no día a día da escola xa que se encargan de:

 • Apertura e peche dos centros. É a primeira persoa que chega ó centro e prepara o mesmo para o comezo da actividade (abre portas e persianas, acende luces e calefacción) e tamén a encargada de abrir a entrada durante a xornada matutina. Coa súa carencia quen realiza estas labores é o equipo directivo e o persoal docente desatendendo as clases.

  • Labores de control de acceso ó centro, polo que a súa falta incide negativamente na seguridade da escola (especialmente no alumnado de máis curta idade e no alumnado NEAE).  

• Traballos de mantemento e pequenos arranxos, algo fundamental para a conservación das instalacións.  • Limpeza e mantemento de zonas exteriores (corta de herba, retirada de follas, etc.) polo que os nosos patios tamén están descoidados.

martes, 17 de octubre de 2023

Descubrindo o potencial dos xogos de mesa (Formación para adultos, 16 nov)

O vindeiro 16 de novembro celebraremos no cole un obradoiro sobre a aprendizaxe basada en xogos de mesa (ABJ) para entornos educativos e familiares.

Nesta formación comprenderemos os beneficios psicolóxicos, sociais e académicos que aportan os xogos de mesa coma ferramenta de aprendizaxe, dende o cálculo ata o conteo, pasando pola probabilidade, a lóxica, a orientación espacial, a planificación de tarefas, a atención e a toma de decisións.

Os xogos de mesa estimulan o afán de superación, melloran a autoestima, o recoñecemento social e fomentan a resiliencia. 

Veremos cómo tamén melloran a relación en familia fortalecendo o vínculo afectivo e a sensación de pertenza, así como axudan a expresar os sentimentos . 

Dende a ANPA animámosvos a participar desta oportunidade, tanto ás familias como ao profesorado e así poder incorporar na casa e nas aulas estas enriquecedoras e estimulantes ferramentas. 

Inscribídeos no correo anpaceipchouzo@gmail.com indicando se precisades servizo guarderia. Bulide que só hai 20 prazas! 

Festa Samaín 31 outubro

Prezadas familias! O vindeiro martes 31 de outubro inauguraremos as festas deste curso 23/24 cunha súper celebración de Samaín. Faremos obradoiro de squishes,xogos, concurso de cabazas e moitas cousas máis! Lembrade vir disfrazados, nen@s e maiores, e traer as vosas cabazas decoradas.

As familias que queiran colaborar na elaboración de comidas, por favor enviade un correo a anpaceipchouzo@gmail.com indicando o qué van aportar para que poidamos organizar o bar e recibirán un ticket gratis de comida. Todo o recaudado destinarase á organización de actividades, festas e obradoiros do ANPA. 

Animádevos a participar! Pasarémolo de medooo!!!