martes, 17 de octubre de 2023

Descubrindo o potencial dos xogos de mesa (Formación para adultos, 16 nov)

O vindeiro 16 de novembro celebraremos no cole un obradoiro sobre a aprendizaxe basada en xogos de mesa (ABJ) para entornos educativos e familiares.

Nesta formación comprenderemos os beneficios psicolóxicos, sociais e académicos que aportan os xogos de mesa coma ferramenta de aprendizaxe, dende o cálculo ata o conteo, pasando pola probabilidade, a lóxica, a orientación espacial, a planificación de tarefas, a atención e a toma de decisións.

Os xogos de mesa estimulan o afán de superación, melloran a autoestima, o recoñecemento social e fomentan a resiliencia. 

Veremos cómo tamén melloran a relación en familia fortalecendo o vínculo afectivo e a sensación de pertenza, así como axudan a expresar os sentimentos . 

Dende a ANPA animámosvos a participar desta oportunidade, tanto ás familias como ao profesorado e así poder incorporar na casa e nas aulas estas enriquecedoras e estimulantes ferramentas. 

Inscribídeos no correo anpaceipchouzo@gmail.com indicando se precisades servizo guarderia. Bulide que só hai 20 prazas! 

No hay comentarios: