martes, 17 de diciembre de 2019

Festa de Nadal cancelada

Por mor do mal tempo, a nosa tradicional festa de Nadal terá lugar no mes de xaneiro. Desculpade as molestias.
🎄🎅 Boas Festas e Feliz Aninovo 2020! 🎅🎄

miércoles, 27 de noviembre de 2019

ASEMBLEA XERAL ORDINARIA

A Directiva da ANPA convoca a tódolos/as socios/as á ASEMBLEA XERAL ORDINARIA que terá lugar o XOVES 5 de decembro ás 16:30 h en primeira convocatoria e ás 17:00 h en segunda convocatoria no comedor coa seguinte orde do día:

  • Lectura e aprobación da acta anterior
  • Informe de estado de contas
  • Informe da xunta directiva
  • Festas
  • Rogos e preguntas
Participade. A ANPA SOMOS TODOS!

martes, 5 de noviembre de 2019

🌰 FESTA DO MAGOSTO 🌰

Prezadas familias:
Como cada ano no outono, chegou o momento de celebrar a festa do magosto. Este ano, como os anteriores, o cole e a ANPA organizan esta festa durante o horario lectivo. A data elixida é o 12 de novembro, polo que vos pedimos que entre o venres 8 e o luns 11 traiades un puñado de castañas por neno/a (15-20 castañas), SEN PICAR, e as entreguedes aos titores/as. En caso de choiva, adíase ao venres 15 de novembroNecesitamos doazóns de leña
Un saúdo e grazas!

miércoles, 23 de octubre de 2019

🎃 Voluntari@s festa de Samaín 🎃

Precísanse voluntari@s e doazóns de comida para a festa de Samaín. Pasade polo local ou enviade un correo a anpaceipchouzo@gmail.com para informar da vosa contribución. Grazas 😊

jueves, 17 de octubre de 2019

🎃 FESTA DE SAMAÍN 🎃

O vindeiro mércores 30 de outubro, de 16:30 a 18:30 h, celebrarase no cole a festa de Samaín organizada pola ANPA.

Faremos unha busca de ósos, pintacaras e manualidades, que serán gratuitas para os socios e a 1 € cada actividade para os non socios. Tamén teremos un concurso de cabazas decoradas (hai que traelas feitas da casa).

O bar correrá a cargo da ANPA e pedimos colaboración ás familias coa doazón de lambetadas, bocadillos, etc. Pasade polo local ou enviade un correo a anpaceipchouzo@gmail.com para informar da vosa aportación. E se queredes axudar na organización, sodes benvidos! 😊

Haberá que sacar tique no bar, tanto para as consumicións como para as actividades.

Recordade que @s nen@s deben estar acompañados e vixiad@s por un adulto.

Se aínda non sodes socios da ANPA, non o dubidedes. Recordade que dende a 
ANPA xestionamos as actividades extraescolares e o taller de xogos, organizamos as festas de fin de curso, nadal, entroido e magosto,  e colaboramos co centro na compra de material escolar, na revista de fin de curso e nas orlas así como en tódolos temas nos que nos piden axuda. A ANPA SOMOS TODOS! 

miércoles, 18 de septiembre de 2019

Aberto o prazo de inscrición nas extraescolares


A inscrición realizarase no local da ANPA os días 18, 19 e 20 de setembro de 9:00 a 9:30 e de 16:30 a 17:30. Cada familia debe entregar a ficha de socio, o xustificante de pago da cota de socio e unha ficha por cada atividade extraescolar.

Para piscina, a reserva farase no local da ANPA os días 18,19 e 20 de setembro de 16:30 a 17:30.

lunes, 16 de septiembre de 2019

Reunión sobre actividades extraescolares

Familias, lembrade que hoxe luns 16 de setembro ás 16:30 é a reunión informativa no comedor para explicar o desenvolvemento das actividades. Existen algunhas que poden ter custos engadidos (licenzas federativas, material, equipacións…). Cocofante, o responsable das actividades, dará toda a información e resolverá as vosas dúbidas. Non faltedes e sede puntuais!

miércoles, 12 de junio de 2019

FESTA DE FIN DE CURSO

Dende a Directiva da ANPA queremos invitarvos como cada ano á gran festa de final de curso, que terá lugar o vindeiro venres 21 de xuño a partir das 16:30 h. Os nenos e nenas socios da ANPA entran de balde, para os demáis o prezo da entrada é de 12 euros/neno.
Como outros anos, os alumnos de 6º farán un bar e unha tómbola. Pedimos a colaboración de todas as familias para que as instalacións queden no mellor estado posible. E como remate final, a gran festa da escuma!
Non está permitido o uso das duchas nin de xogos de auga (globos e pistolas).

ASEMBLEA XERAL ORDINARIA

A Directiva da ANPA convoca a todos os seus socios á ASEMBLEA XERAL ORDINARIA que terá lugar o MARTES 18 de xuño ás 17:00 h en primeira convocatoria e ás 17:30 h en segunda convocatoria na biblioteca coa seguinte orde do día:
  • Lectura e aprobación da acta anterior
  • Informe de estado de contas
  • Informe da xunta directiva
  • Festa de fin de curso
  • Rogos e preguntas

martes, 4 de junio de 2019

EXCURSIÓN AO GROVE

Este ano para despedir o curso imos visitar O Grove o vindeiro sábado 15 de xuño de 2019. A información sobre a excursión é a seguinte:
         - Saída en catamarán visión submarina: 11:00 a.m.
         - Visita acuario do Grove: 12:30 p.m.

         (*) Haberá que presentarse 30 minutos antes no porto de saída para o embarque.

O prezo da excursión é de 13€/persona, tanto socios coma non socios.
         (*) Nenos/as de 0 a 2 anos de balde, pero hai que anotalos igualmente.
O prazo de inscrición é do 4 ao 6 de xuño ou ata esgotar prazas, 
no local da Anpa en horario de 9:00 a 9:15h / 16:00h a 17:00h. Pago en efectivo no momento da inscrición. As prazas asignaranse por rigorosa orde de inscrición.


miércoles, 29 de mayo de 2019

IV XORNADA DA SUSTENTABILIDADE

Este ano dende a ANPA do Chouzo queremos unirnos ao movemento de limpeza de costas que está a desenvolverse en todo o mundo e que tan necesario é para manter limpas as nosas praias. Por iso vos convidamos a todos e todas a que o día 2 de xuño ás 11:00 da mañá, coincidindo coa celebración do día do Medio Ambiente do 5 de xuño, vos animedes a acercaros á praia do Alcabre para facer unha limpeza do seu areal. Contamos co apoio do Campus do Mar que nos xestionou todos os permisos necesarios para facer esta actividade. Se estades interesados so tedes que pasar polo local do anpa ou mandar un email a anpaceipchouzo@gmail.com para inscribirvos (tanto nenos como adultos) antes do día 24 de maio. A actividade é de balde!