O vindeiro mércores 30 de outubro, de 16:30 a 18:30 h, celebrarase no cole a festa de Samaín organizada pola ANPA.
Faremos unha busca de ósos, pintacaras e manualidades, que serán gratuitas para os socios e a 1 € cada actividade para os non socios. Tamén teremos un concurso de cabazas decoradas (hai que traelas feitas da casa).
O bar correrá a cargo da ANPA e pedimos colaboración ás familias coa doazón de lambetadas, bocadillos, etc. Pasade polo local ou enviade un correo a anpaceipchouzo@gmail.com para informar da vosa aportación. E se queredes axudar na organización, sodes benvidos! 😊
Haberá que sacar tique no bar, tanto para as consumicións como para as actividades.
Recordade que @s nen@s deben estar acompañados e vixiad@s por un adulto.
Se aínda non sodes socios da ANPA, non o dubidedes. Recordade que dende a ANPA xestionamos as actividades extraescolares e o taller de xogos, organizamos as festas de fin de curso, nadal, entroido e magosto, e colaboramos co centro na compra de material escolar, na revista de fin de curso e nas orlas así como en tódolos temas nos que nos piden axuda. A ANPA SOMOS TODOS!

No hay comentarios:
Publicar un comentario