miércoles, 24 de abril de 2024

Obradoiro "Benestar na familia, coidándonos en equipo"


Pechamos un curso repleto de formacións cun obradoiro moi útil no noso día a día. Ven aprender ferramentas para coidar o trato e a comunicación dentro da familia, coñecer recursos de axuda ás familias e sentar as bases do autocoidado. Porque sexa como sexa a tua familia, somos un equipo! 

❤️ Obradoiro "Benestar na familia, coidandonos en equipo" da man de @querote_mais da @xuntagalicia. 

🗓️ Mércores 8 de maio a partir das 17h. 

📝 Solicita a tua plaza no correo anpaceipchouzo@gmail.com. 

🐣 Indica no correo se precisas servizo de conciliación para que as túas crianzas queden na aula de xogos cun monitor. 

martes, 23 de abril de 2024

Sorteo para ser portada do cartel do Picnic fin de curso



🎨 Sabemos que temos moitos artistas no cole e por iso queremos convocamos a participar nun sorteo moi creativo! 

🖌️ Cada cativo/a debe facer un debuxo de como se imaxina un día de picnic no cole. Encantaranos que deixen voar a sua imaxinación.Vale todo! 
Todos os debuxos recibidos se exporán na ventá do local da ANPA.

📝 O xoves 16 de maio faremos un sorteo entre todos os debuxos recibidos. O gañador /a do sorteo será o cartel do picnic Fin de curso que se porá no tablón de anuncios e se difundirá por redes sociais e ademais levará unha super camiseta do ANPA e un vale na copistería Prisma por valor de 5€. 

🗓️ Podedes achegar os vosos debuxos ata o 16 de maio ao local. 

Animádevos a participar!! 

lunes, 15 de abril de 2024

Exhibición extraescolares curso 2023/2024


O vindeiro venres 31 de maio a partir das 16:30h terá lugar a Exhibición de actividades extraescolares do noso cole da man de @cocofantecocofante @ofiadeiro @clubmaniotas e Judo club Galicia sur. Será un placer desfrutar de toda a aprendizaxe do alumnado ao longo do curso!!

Excursión ás Illas Cies!!

 



O Chouzo marcha ás illas Cíes! Anímate a participar nunha excursión moi divertida e refrescante!

Será o vindeiro sábado 15 de Xuño de 10:45h (porto de Vigo) ata ás 19:15h que regresaremos dende Cíes.  
Será obrigatorio presentarse 30 minutos antes no porto de saída e de regreso, para o embarque.

O prezo da excursión é de 8,70€ por persona (o prezo será o mesmo para familias socias e familias non socias) e para as crianzas de 0 a 4 anos será de balde, (pero hai que anotalos igualmente).

O prazo de inscrición é do 8 ao 19 de abril (ou ata esgotar as prazas) no local da Anpa en horario de 9:00 a 9:30 (de luns a venres) e de 16:30 a 17h (martes e xoves).
O pago se fará en efectivo no momento da inscripción.

As prazas son limitadas e asignaranse por rigoroso orde de inscrición.  

Se precisas máis información envíanos un correo electrónico a anpaceipchouzo@gmail.com.

Bulide que nos vamos!