martes, 15 de septiembre de 2026

Excursión a Ons: collendo folgos para o que ven!


E asi de ben arrancamos o curso na ANPA o pasado sábado: excursión a Ons con diazo, moita praia, moito sol, rutas e xogos na auga. 

Algúns de bocatas e outros enchendo o buche de pulpo. 

Un día para desfrutar en familia e coller folgos para o que ven!! 

Gracias aos que o fixéchedes posible e a @mardeons polas facilidades de grupo. 

miércoles, 9 de septiembre de 2026

Inicio de curso 2026/27


Estimadas familias,

A ANPA é a asociación de nais e pais de alumnos do cole que desenvolve distintas accións a favor dos nenos/as, entre as que destacan a organización e xestión das actividades extraescolares e dos talleres de xogos matinal e de mediodía, a colaboración co colexio na mellora das instalacións e equipamento e a organización de festas e excursións en familia, sendo o seu principal fin velar polos dereitos dos alumnos/as do colexio no que se refire a súa educación. 

Dende a xunta directiva queremos darvos a benvida a novo curso e informarvos de que estamos a vosa disposición no local ou no correo anpaceipchouzo@gmail.com para calquer suxerencia ou cuestión que queirades resolver. 

Que teñades un magnífico inicio de curso!