miércoles, 20 de marzo de 2024

Formación primeiros auxilios para 4° e 6° (Gestos salvadores)

Dende a ANPA subvencionamos por terceiro ano consecutivo a formación de primeiros auxilios para os cursos de 4° e 6° de primaria da man de Gestos Salvadores. Somos un dos poucos coles que fai este tipo de iniciativa en Vigo e queremos seguir facéndoo porque cremos que é moi importante para a formación dos nosos nenos e nenas!

martes, 19 de marzo de 2024

Segunda xornada da Liga de Natación Escolar

O noso alumnado máis acuático voltou participar na segunda xornada da Liga de Natación escolar representando ao cole, desta volta con competicións de 25 metros libre e 25 metros espalda en categoría Promesas (nados entre 2016 a 2018) e Benxamíns (de 2012 a 2015). 
Saíron moi motivados e con gañas de seguir sumando puntos para o cole na terceira e última competición que se disputará no mes de maio, onde saberemos qué escola será a gañadora deste ano. Por suposto, todos os participantes levarán unha medalla polo esforzo. Moita sorte e ánimo!

martes, 12 de marzo de 2024

Formación primeiros auxilios para familias (Gestos salvadores)

Esta tarde tivemos a formación de primeiros auxilios para familias financiada polo ANPA da man de Gestos salvadores

Unha xornada directa e práctica que nos empoderou e capacitou para reaccionar ante situacións de crise como unha parada cardio respiratoria ou un atragantamento.

Gracias Julio por ser tan directo e amable,  por espertar conciencias e saber equilibrar a seriedade e o humor.

Aprender a actuar ante estás situacións pode salvar una vida!

domingo, 10 de marzo de 2024

Charla Ferramentas afectivo-sexuais na infancia (Amino)


Este venres tivemos unha charla sobre Ferramentas afectivo- sexuais na infancia impartida pola asociación @amino.gal . Dada a importancia do tema deixámosvos unhas pinceladas sobre a información compartida durante a sesión: 

Por un lado, faláronnos da relevancia da educación afectivo-sexual dende a primeira infancia, de como manter un diálogo sano cos menores, ensinándolles os nomes das zonas intimas e a saber respectarse a un mesmo e aos demais dende pequenos/as. A familia debe ser exemplo dunha relación sana alonxada da violencia verbal e física.

É fundamental ensinar a diferenciar os tipos de segredos, os que nos fan "sentir bien" e os que nos fan "sentir mal", de maneira que aprendan a detectar a violencia e saiban a onde acudir en caso de experimenta-la. Explicáronnos os signos de alerta para detectar abusos sexuais en distintas franxas de idade na infancia.

Puxéronnos o acento na importancia de acompañar no descubrimento da sexualidade, ofrecer ferramentas como buscar información xuntos en contos e libros, explicar o que poden atopar en internet, por exemplo o porno, que é ficción e a miudo violento e degradante para a muller.

En tanto aos vídeoxogos, se debe revisar a recomendación por idades (PEGI) e ter conta dos perigos dos xogos en liña, onde pode haber personas que se enmascaran e intentan sobornar con premios a cambio de fotografías íntimas, etc…). Sin embargo, lamentablemente o 80% de abusos a menores dase dentro do marco de confianza (familia, veciños , etc). 

En definitiva, se os menores teñen unha boa base de educación afectivo sexual, saberán o que lles fai sentir ben e o que lles fai sentir mal, e será mais probable que detecten os abusos e pidan axuda, así como a formar relacións afectivas sanas. 

Ante a sospeita de abusos, pódese contactar con @amino.gal e solicitar asesoramento gratuíto de psicólogas, avogados e educadoras. 

Gracias por todo @amino.gal