Festas, actividades e excursións

Festas, actividades e excursións do curso 2023-2024

Neste curso, ademais de organizar as festas nas tradicionais datas sinaladas, retomamos as tan esperadas excursións, cunha cita moi especial ás Illas Cíes.

Tamén celebramos os xa famosos Pícnics de principio e final de curso. Son quedadas moi especiais nas que rompemos o xeo e despedimos o curso dun xeito divertido, tanto para as familias como para as crianzas. Ademais, aos pícnics tamén están convidadas as familias que se incorporán o vindeiro curso, e qué mellor xeito de irnos coñecendo!

Gracias a todos por participar!

A continuación podedes ver os cartaces de todos os eventos deste curso 2023-2024: 




















FESTA DE FIN DE CURSO, 17 de xuño de 2022

O tempo deixounos celebrar de novo a nosa festa de fin de curso!!!








MAGOSTO, 12  de novembro de 2021
Un ano máis foi posible, por fin, voltamos á vida e aos nosos costumes. Grazas voluntarias e voluntarios, sen vós nada sería posible!!!!

 






XARDÍN DE PLANTAS AROMÁTICAS, maio de 2021










MAGOSTO, 15 de novembro de 2019
Un ano máis, e contando coa colaboración do cole, os pais e nais da directiva e voluntarios da ANPA organizamos o magosto para os e as peques! O tempo deu un respiriño e os nenos e nenas puideron festexar e desfrutar desta festa degustando máis de 60 kg de castañas.


I FESTA DE SAMAÍN, 30 de outubro de 2019
Durante o curso 2019-20 celebramos a I festa de Samaín do Chouzo organizada pola ANPA con música, mesa de manualidades, bar, concurso de cabazas, busca de ósos e pintacaras. As actividades foron gratuítas para socios da ANPA e a 1€ para non socios. Xuntos pasamos unha tarde memorable!







IV XORNADA DA SUSTENTABILIDADE, 2 de xuño de 2019
A IV Xornada da Sustentabilidade, que tivo lugar na praia do Alcabre, foi todo un éxito. Grazas ao Campus do Mar por toda a colaboración! Os nenos e nenas e as familias aprendemos moitísimo sobre as praias e os oceanos, e quedamos moi impactados co dano que fan os plásticos e o lixo en xeral.
Da praia, aparentemente limpa, recolléronse 17 kg en menos dunha hora.
Cremos na importancia de facer este tipo de xornadas para reflexionar conxuntamente sobre o mundo que temos e o que queremos ter.










No hay comentarios: