martes, 16 de noviembre de 2021

CHOUZO SOBRE XEO

Familias do Chouzo!
Estamos organizando unha xornada de patinaxe sobre xeo na pista de Samil durante a mañá do vindeiro 23 de decembro. Anotádevos ata o 30 de novembro no local da ANPA ou na dirección de correo anpaceipchouzo@gmail.com indicando nome do neno/a, curso e grupo. Uns días despois, confirmaremos polas nosas redes sociais se chegamos ao mínimo de 30 nenos/as anotados para que se poida celebrar a actividade. O prezo final será de 3, 4 ou 5 €, en función do total de nenos/as participantes, e se sae o grupo teriades que pagar por adiantado. Cantos máis sexamos, máis barato será e máis diversión para todos/as!
ANIMÁDEVOS!!

domingo, 7 de noviembre de 2021

🌰🌰 MAGOSTO 2021 🌰🌰

O venres día 12 de novembro celebrarase o magosto no cole durante o horario lectivo. Como todos os anos, un grupo de mamás e papás voluntarios encargarémonos de picar as castañas a tarde antes e de asalas o día do magosto.
Para poder facer todo isto, necesitamos axuda polo que pedimos VOLUNTARIAS E VOLUNTARIOS para os dous días.
O xoves a partir das 16:00 h estaremos no local pola tarde picando as castañas e preparando todo, e o venres en horario lectivo a partir das 9:00 h da mañá asándoas no cole.
Se queres participar, apúntate antes mandando un correo a: anpaceipchouzo@gmail.com
Entre o luns e o martes chegaravos a circular pedindo castañas a cada neno, unhas 15-20 castañas por neno/a, XA PICADAS, para que llelas leven ás súas titoras, información que irá ampliada por unha circular de dirección.
Grazas e un saúdo!

CARNÉ DE SOCIO

Xa temos os carnés de todas as familias socias da nosa ANPA!
Podedes pasar polo local para recoller o voso a partir das 9:15 h ou polas tardes os mércores e os xoves a partir das 17:15 h. Lembrade que para ter o voso carné, debedes aboar a cota de socio e entregar a ficha cos vosos datos. 
Co carné poderedes beneficiarvos dunha serie de descontos, que atoparedes na sección "Carné de socio" do noso blog. E se coñecedes a algún establecemento interesado en colaborar, non dubidedes en escribir a anpaceipchouzo@gmail.com

miércoles, 3 de noviembre de 2021

CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA

A ANPA “EMILIA PARDO BAZÁN” convoca a tódolos/as socio/as á ASEMBLEA XERAL ORDINARIA que terá lugar no comedor o MARTES 9 de NOVEMBRO ás 17:00 horas en primeira convocatoria e ás 17:30 horas en segunda coa seguinte orde do día:
● LECTURA E APROBACIÓN DA ACTA ANTERIOR
● INFORME ESTADO DE CONTAS
● INFORME DA XUNTA DIRECTIVA
● CREACIÓN DE GRUPOS DE TRABALLO E VOLUNTARIADO
● ROGOS E PREGUNTAS