domingo, 10 de marzo de 2024

Charla Ferramentas afectivo-sexuais na infancia (Amino)


Este venres tivemos unha charla sobre Ferramentas afectivo- sexuais na infancia impartida pola asociación @amino.gal . Dada a importancia do tema deixámosvos unhas pinceladas sobre a información compartida durante a sesión: 

Por un lado, faláronnos da relevancia da educación afectivo-sexual dende a primeira infancia, de como manter un diálogo sano cos menores, ensinándolles os nomes das zonas intimas e a saber respectarse a un mesmo e aos demais dende pequenos/as. A familia debe ser exemplo dunha relación sana alonxada da violencia verbal e física.

É fundamental ensinar a diferenciar os tipos de segredos, os que nos fan "sentir bien" e os que nos fan "sentir mal", de maneira que aprendan a detectar a violencia e saiban a onde acudir en caso de experimenta-la. Explicáronnos os signos de alerta para detectar abusos sexuais en distintas franxas de idade na infancia.

Puxéronnos o acento na importancia de acompañar no descubrimento da sexualidade, ofrecer ferramentas como buscar información xuntos en contos e libros, explicar o que poden atopar en internet, por exemplo o porno, que é ficción e a miudo violento e degradante para a muller.

En tanto aos vídeoxogos, se debe revisar a recomendación por idades (PEGI) e ter conta dos perigos dos xogos en liña, onde pode haber personas que se enmascaran e intentan sobornar con premios a cambio de fotografías íntimas, etc…). Sin embargo, lamentablemente o 80% de abusos a menores dase dentro do marco de confianza (familia, veciños , etc). 

En definitiva, se os menores teñen unha boa base de educación afectivo sexual, saberán o que lles fai sentir ben e o que lles fai sentir mal, e será mais probable que detecten os abusos e pidan axuda, así como a formar relacións afectivas sanas. 

Ante a sospeita de abusos, pódese contactar con @amino.gal e solicitar asesoramento gratuíto de psicólogas, avogados e educadoras. 

Gracias por todo @amino.gal 

No hay comentarios: