viernes, 17 de abril de 2026

apuntes sobre a charla das adiccións


Aquí vos deixamos unhas anotacións da charla sobre adiccións do pasado mércores, da man da asociación Érguete. Moitas gracias pola sua colaboración e ás familias que asistiron.

·  Aprendimos que é unha adicción, os tipos que existen (con ou sen sustancias) e o impacto negativo que conlevan. Todas teñen en común a dependencia á gratificación inmediata e o aumento da dopamina que producen. É importante non afastarse das situacións ou actividades onde a dopamina se atopa de forma equilibrada e saudable (deporte, relacións sociais e familiares…)

·  Quedamos abraiados coas cifras das novas adiccións sen substancias que están a aumentar cada día: redes sociais, apostas deportivas, videoxogos online, porno…

Os principais factores de risco son:
·  As actitudes antisociales
· A disponibilidade, normalización das drogas e as actitudes faborables ante o consumo
·  O fracaso escolar
·  O inicio temperán
·  A baixa ou excesiva supervisión familiar
·  A búsqueda de novidade.

Os factores de protección son:
·   As actitudes negativas ante o consumo
·   As habilidades e competencias sociais
·   As normas e os límites
·   O interese polo ámbito escola
·   Ter un autoconcepto e autoestima positivas
·   Un ambiente familiar de cariño e apoio
·   ⁠Un ocio saudable e participación en actividades deportivas, culturais e sociais.

E aprendimos a empregar estratexias coma:
- Tempo
- ⁠Informarse
- ⁠Consensuar
- ⁠Dialogar
- ⁠Claridade
- ⁠Sinceridade
- ⁠Escoita
- ⁠Acordos

No hay comentarios: