lunes, 2 de diciembre de 2024

Obradoiro de xogos de mesa o vindeiro xoves 12 de decembro


Repetimos formación con @customeeple, os nosos veciños de Torrecedeira 64! Encantounos o ano pasado e este curso voltan con xogos novos a mostrarnos que son unhas ferramentas moi interesantes para a crianza e a educación dos nosos fillos e fillas. E tamén unha moi boa idea a ter en conta antes do Nadal! 

Taller: " Descubrindo o potencial dos xogos de mesa na educación" (para adultos: nais, pais e educadores/as) 

Imparte: @customeeple

Día e hora: Xoves 12 de decembro ás 16:30h. 

Beneficios dos xogos de mesa: 

- Aprender a lidiar coa frustración 
- Mellorar as relacións familiares 
- Entrenar a concentración 
- Potenciar contidos curriculares 
- Axudar no control de impulsos (agardar quendas, estratexias, etc).

Inscricións en anpaceipchouzo@gmail.com (Indicando si precisas servizo ludoteca.)

* Esta formación está aberta a familias de fóra do cole, pero terán prioridade de asistencia as familias do Chouzo. (O servizo ludoteca terá un custo de 2€ para as familias de fóra do cole).

No hay comentarios: