Servizos de conciliación


AULA MADRUGADORES

A aula de madrugadores é un servizo de conciliación para as familias que entran antes a traballar ou que puntualmente precisan deixar aos nenos/as antes do inicio do cole. Os nenos/as quedan no taller de xogos cunha monitora das 7:30h ata as 9:00h que entran ao colexio. (O alumnado pode chegar á hora que o precise dentro dese intervalo.)

INSCRICIÓN

Para facer uso deste servizo é imprescindible:
 
1. Ser socia da ANPA. Afíliate agora aquí
2. Cubrir a ficha de inscrición e enviala asinada ao correo anpaceipchouzo@gmail.com 
(ou depositabla no buzón do local da ANPA): 



CONDICIÓNS
  • O servizo desenvólvese no Taller de xogos (antiga casa do porteiro) das 7:30h ata as 9:00h que entran ao colexio. (O alumnado pode chegar cando o estime necesario.) 
  • O acceso é pola entrada principal do cole (camiño do Chouzo), hai que chamar ao timbre para que abran.
  • Os días de asistencia deberán indicarse na ficha de inscrición e serán sempre os mesmos (p. ex. se se indica martes e xoves, o neno/a non poderá facer uso do servizo un mércores).
  • Os pagos mensuais serán cargados no número de conta indicado polo solicitante do día 1 ao 5 do mes seguinte.
  • A baixa no servizo deberá comunicarse por email cun mínimo de 15 días de antelación e indicando a data efectiva. Se unha familia se da de baixa, a posibilidade de retomar o servizo máis adiante dependerá da disponibilidade de prazas nese momento.
  • O prezo do servizo será igual todos os meses independentemente do número de días lectivos.
  • Os nenos/as de 4ªInfantil non poderán facer uso deste servizo ata o mes de outubro (normas da escola).
PREZOS
  • Os nenos/as que usen o servizo de 3 a 5 días/semana:
                35,00 €/mes 1 neno/a
                25,00 €/mes segundo irmán
                15,00 €/mes terceiro irmán
  • Os nenos/as que usen o servizo 1 ou 2 días/semana:
                25,00 €/mes 1 neno/a
                15,00 €/mes segundo irmán
                10,00 €/mes terceiro irmán

-----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------


AULA MEDIODÍA

A aula de mediodía é un servizo de conciliación para as familias no que os nenos/as que 
non vaian a comedor quedan na aula de xogos á saída do colexio, dende ás 14h ata as 15:15 h 
(hora máxima de recollida). 

INSCRICIÓN

Para facer uso deste servizo é imprescindible:

1. Ser socia da ANPA. Afíliate agora aquí
2. Cubrir a ficha de inscrición e enviala asinada ao correo anpaceipchouzo@gmail.com 
(ou depositabla no buzón do local da ANPA): 



CONDICIÓNS 
  • O servizo desenvólvese no Taller de xogos (antiga casa do porteiro), onde as familias dende a saída do colexio ata as 15:15 h (hora máxima de recollida).
  •  A monitora recollerá ao alumnado á saida da sua aula.
  • Os nenos/as de 4ªInfantil non poderán facer uso deste servizo ata o mes de outubro (normas da escola).

PREZOS
  • Os nenos/as que usan o servizo de 3 a 5 días/semana:
                35,00 €/mes 1 neno/a*
                25,00 €/mes segundo irmán
                15,00 €/mes terceiro irmán

  • Os nenos/as que usan o servizo 1 ou 2 días/semana:
                25,00 €/mes 1 neno/a
                15,00 €/mes segundo irmán
                10,00 €/mes terceiro irmán

Os nenos/as que usen a aula madruga de 3 a 5 días/semana e tamén usen o servizo de madrugadores, terán un prezo reducido de 25€/mes.

-----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------


BONOS
Os bonos permiten asistir de forma puntual a calquera dos servizos de conciliación 
para aquelas familias que precisen o servizo de forma esporádica. 

INSCRICIÓN E PREZOS

Para facer uso deste servizo é imprescindible:

1. Ser socia da ANPA. Afíliate agora aquí
2. Cubrir a ficha de inscrición e enviala asinada ao correo anpaceipchouzo@gmail.com 
(ou depositabla no buzón do local da ANPA): 



CONDICIÓNS DOS BONOS 
  • Para o uso puntual do taller de mediodía, debedes avisar en Secretaría (teléf. 886 12 00 78)  para que a monitora saiba que nenos/as debe recoller unha vez finalizadas as clases.
  • Os bonos son de uso individual e non transferibles entre familias. 
  • Os bonos deben mercarse con antelación ao uso do servizo. No caso de emerxencia ou similar, pódese facer uso do servizo e mercarse o bono a posteriori, tan pronto como sexa posible.
  • O neno/a que acuda facendo uso dos bonos deberá identificarse co nome e apelidos para que o monitor ou monitora o anote na lista de asistencias.
  • Os bonos non caducan, son válidos dun curso para outro.  

PREZOS 
  • Bono de 10 servizos por 30 € 
  • Bono de 30 servizos por 75€

-----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

AVISOS IMPORTANTES:
 
  • No caso de non atender ás recomendacións marcadas polas/os monitoras sobre as normas de conducta, de se producir faltas de respeto ou violencia tanto ao alumnado como aos monitores ou un uso indebido dos materiais, etc. os usuarios poderán perder o dereito a utilizar o servizo, tanto o madruga como o de mediodía.  
  • No caso de impago cotinuado o neno/a se dará de baixa no servizo. 
  • A devolución dun recibo conleva un gasto bancario que repercute na  ANPA. Antes de facer a devolución, por favor contactade connosco para buscar unha solución conxunta. ¡Gracias! 

ENTRADAS ANTERIORES 





Día do amor 2023 no Taller de Xogos.




Entroido 2023 no Taller de Xogos.



Samaín 2022 no Taller de Xogos.



Día da paz 2022.




Entroido 2020 no Taller de Xogos.
                                 


Celebrando o día do amor no Taller de Xogos, 14 de febreiro de 2020.



Scrapbooking polo Día da Paz.





Así de ben o pasan os nenos no taller matinal, preparando decoracións de Nadal!
 

    
 


No hay comentarios: