Pasou o Nadal pero quedaba por contarvos que, coma todos os anos, a ANPA pide na carta aos Reis Magos material para o cole e para o noso alumnado. Este ano pedimos xogos de mesa adaptados ás idades de cada curso, seleccionados polas suas titoras.
Tamén se repartiron chaveiros navideños na maña da festa de Nadal e organizouse a visita de Papá Noel e dunha Elfa moi especial.
E ademais na festa da ANPA se sortearon en cada curso unha tote bag da ANPA e vales de @sequeirosvigo entre todos os que participaron na decoración da árbore de Nadal.
No hay comentarios:
Publicar un comentario