POR UN ACCESO SEGURO AO CHOUZO
Debido á inseguridade de acceso ao noso centro educativo, e á inminente apertura do novo centro de saúde Olimpia Valencia, coa sua conseguinte subida de tránsito nas inmediacións da escola, dende a ANPA lanzamos unha iniciativa para intentar mellorar esta grave situación.
A proposta consiste en que as familias apoien a queixa que fixo a ANPA enviando unha queixa ao Concello a título personal. Entre todas podemos facer forza e conseguir solucións reais.
Aproveitamos para lembrar que non está permitido aparcar en zonas non habilitadas. Por civismo e respecto, é fundamental garantir unha entrada segura para todos os nenos e nenas.
Moitas gracias pola vosa colaboración.
¿Cómo enviar a queixa ao Concello?
O proceso é moi fácil e podes facelo dende o móbil. So tes que entrar no enlace, cubrir os teus datos e incluir un texto coa queixa. Si queres tamén se poden incluir fotografías.
A continuación vos deixamos un texto tipo que podedes copiar e pegar (e modificalo como queirades), e unhas fotografías para engadir si queredes. Si pos as túas propias fotos é importante difuminar as matrículas dos coches.
Este é o enlace para enviar a queixa ao Concello de Vigo: https://sede.vigo.org/expedientes/formularios/queixas_suxestions.jsp?lang=es
TEXTO TIPO (Copiar e pegar para a queixa, pódesde modificar).
Como nai/pai/familiar de nenos/as escolarizados no CEIP Emilia Pardo Bazán (Chouzo)
EXPOÑO:
Que o acceso principal ao centro escolar, situado no Camiño do Chouzo, presenta dende hai anos unhas condicións de seguridade insuficientes para garantir a integridade de nenos, nenas e demais persoas usuarias. É un vial estreito con escasa visibilidade e un tránsito intenso, especialmente nas horas de entrada e saída do colexio.
Que a inminente apertura do novo centro de saúde nas inmediacións agravará previsiblemente estes riscos debido ao aumento de vehículos e peóns que farán o acceso aínda máis perigoso.
Que esta situación foi xa comunicada en anteriores ocasións por parte da ANPA e familias afectadas, sen que ata o de agora se adoptasen medidas que dean resposta de seguridade real.
Por todo isto,
SOLICITO:
Que o Concello de Vigo adopte con urxencia as medidas de seguridade oportunas no Camiño do Chouzo e na contorna do CEIP Emilia Pardo Bazán, tales como:
- Regulación do tráfico nas horas de entrada e saída do centro.
- Reforzo da sinalización específica de zona escolar e repintado de dentes de dragón no asfalto.
- Instalación de bolardos ou vallas separadoras para delimitar a zona de paso de peóns a un lado da calzada. (Adxuntamos fotografía)
- Calquera outra actuación técnica que se considere necesaria para garantir un acceso seguro ao centro educativo.
-Instalación de bolardos nas zonas de entrada para evitar que aparquen coches que impiden o acceso aos peóns.
Co convencemento de que a seguridade da comunidade escolar debe ser unha prioridade, agardamos unha resposta rápida e eficaz por parte desta administración.
Sen outro particular, reciba un cordial saúdo.
IMAXES ADXUNTAS (Descargar no móbil e incluir no apartado correspondiente)
No hay comentarios:
Publicar un comentario