Os centros de ensino público estamos a atravesar unha situación complicada por mor da falta de recursos e dos recortes de profesorado.
Este curso no noso cole retiraron persoal (1 PT e medio AL) e para 4°de primaria non concederon o desdoblamento tendo en cada clase 26 alumnos/as. Esta precariedade de recursos afecta a todo o alumnado e especialmente ao alumnado con Necesidades Específicas de Apoio Educativo (NEAE).
É por iso que @foanpas e ADICOPUVI (Asociación de Directoras/es dos Colexios Públicos de Vigo), convocan a toda a cidadanía a unha MANIFESTACIÓN de protesta vindeiro MÉRCORES 16 de OUTUBRO ÁS 19:00 h DENDE O CRUCE DE VÍA NORTE CON URZAIZ
Pregamos fagades a máxima difusión posible desta mobilización para que chegue a todas as persoas que formamos a comunidade educativa da cidade.
Agardamos vervos o 16 de outubro. Contamos con vós e cos vosos nenos/as para facer todo o ruído posible!
@foanpas
@adicopuvi
@edu.xunta
No hay comentarios:
Publicar un comentario