jueves, 24 de octubre de 2024

Campaña de recollida de leite para Vida digna


Dende o ANPA e a escola vos pedimos a vosa colaboracion na campaña de recollida de leite. Esta iniciativa farase, coma todos os anos,  coa organización de @foanpas para Vida digna  @asociacionvidadigna. 

Dende hoxe 24 de outubro ata o xoves 7 de novembro  poderedes deixar o leite nunhas caixas en secretaría.

📫 A maiores este ano, como novidade, poderase deixar un sobre pechado con diñeiro en calquera dos buzóns do ANPA, para quen non poida cargar co leite e nos encargamos nós de mercala. ( Hai un buzón da ANPA na porta do local e outro entrando en secretaria, onde están os papeis a cubrir cando se chega tarde).  

Todas as doazóns serán enviadas a Foanpas, que se encargará de facer o envío conxunto de todas as ANPAs a Vida digna.

Moitas gracias pola vosa colaboracion!

No hay comentarios: