Onte se nos fixo curta a charla de disciplina positiva porque o tema da para moito! Gracias @dondevivencuentos polo coro traballo e toda a información transmitida.
Achegamos aquí un breve resumo da charla para compartilo con todas as familias que non puideches asisitir:
A disciplina positiva é un enfoque educativo que promove conseguir equilibrio entre a permisividade e o autoritarismo, estableciendo límites claros e respectuosos dende a calma.
Promóvese a colaboración en familia evitando premios e castigos, centrándose en desenvolver a responsabilidade, a autonomía e as habilidades sociais.
Enfócase en desenvolver a resolución de problemas e o autocontrol nas crianzas.
Ap establecer normas e límites, éstas deben estar consensuadas e postas en común.
Por outra banda, as consecuencias lóxicas de non cumplir unha norma deben cumplir as 4 R, que son consecuencias:
- relacionadas
- respectuosas
- razoables
- reveladas de antemán
Neste tipo de disciplina valóranse as conductas positivas e aléntase o esfuerzo.
Debemos lembrar que somos modelos da sua conducta, polo que si en algún momento desbordamos como adultos deberemos:
- Recoñecer o erro
- Responsabilizarnos
- Reconciliarnos
- Resolver con enfoque en solucións
No hay comentarios:
Publicar un comentario