lunes, 12 de mayo de 2025

O mais relevante sobre a charla de autoestima


Vai resumo da charla de hoxe: 

A autoestima é un sentimento de valía persoal que percibimos e construimos de nos mesmos a través de:
- autoconcepto, ⁠autorespeto, autocoñecemento, autoaceptación e ⁠autovaloración. 

Cómo transmitir mensaxes sen dañar a súa autoestima:
- Evita etiquetas e especifica.
- ⁠Emprega o “Eu” en vez do “Ti”.
- ⁠Evita comparacións
- ⁠Ensina que o Erro é parte da aprendizaxe.
- ⁠Sé clar@ e ofrece alternativas.
- ⁠Reforza o vínculo afectivo
- ⁠Reforza o positivo antes e despóis dunha crítica.
- ⁠Se coherente e evita mensaxes contradictorios.
- ⁠Fala dende os feitos non dende as emocións.

Efecto pigmalión: a importancia de como alentamos sen frear o seu potencial. Creer e confiar nos nosos fill@s.

A importancia que ten mellorar e coidar da nosa autoestima como referentes adultos e consellos para conseguilo:
- Validarnos
- ⁠Ser realistas sen tantas expectativas
- ⁠Autocoidado
- ⁠Bo diálogo interno
- ⁠Delegar e pedir axuda
- ⁠Reforzar nosa red de apoio
- ⁠Priorizar a conexión emocional cos nosos fillos. Tempo de calidade. 
- ⁠Practica da gratitude e recoñecemento
- ⁠Ser consciente da túa influencia como modelo de referencia

A importancia de mostrarnos vulnerables, emocionarnos durante sua infancia e adolescencia.

Tipos de autoestima: Baixa, equilibrada e excesiva.

Ferramentas para mellorar a autoestima:
- Estimular iniciativas e creatividade.
- ⁠Vínculo estable (Apego seguro)
- ⁠Buscar solucións de forma conxunta e escoitar as súas opinións.
- ⁠Responsabilizarlles
- ⁠Darlles autonomía e confianza
- ⁠Recoñecer os seus logros e valorar seu esforzo
- ⁠Realizar críticas constructivas
- ⁠Apoio para conseguir as súas metas
- ⁠Empatizar
- ⁠Manter contacto físico a diario (apertas)
- ⁠Transmitirlles de forma adecuada e controlada as emocións que nos transmiten
- ⁠Compartir as propias emocións
- ⁠Escoita activa
- ⁠Reforzar con actividades que lles motiven e apaixonen
- ⁠Ofrecerlles novas oportunidades de facer actividades
- ⁠Validar as súas emocións e sentimentos
- ⁠Fomentar a toma de decisións adaptadas o seu desenvolvemento
- ⁠Ser exemplo e axudar no fracaso
- ⁠Darlle ferramentas para solucionar seus problemas.
Favorecer seu sistema de valores.
- ⁠Ser os seus modelos e referentes
- ⁠Mostrar amor e cariño
- ⁠Promover as súas relacións sociais.
- ⁠Actuar como factor de protección ante conductas negativas como as adiccións

-A importancia das súas actividades de lecer e tempo libre. As que lles gusten e servan para que recarguen, socialicen e disfruten. Que as escollan eles, e podan decidir cambiar ou probar novas.
Evitar ameazar con quitarlles das actividades que lles gustan por baixar rendemento académico

No hay comentarios: