CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA*
A ANPA do CEIP EMILIA PARDO BAZÁN «Chouzo» convoca ás familias socias á ASEMBLEA XERAL ORDINARIA, que terá lugar o Martes 3 de xuño ás 15:45h en 1ª convocatoria, e ás 16:15 h en segunda convocatoria.
Orde do día:
•Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior
•Informe do estado de contas
•Informe da Xunta directiva
•Votación sobre a inclusión de nova empresa para realizar a actividade de robótica con Lego
•Votación para a decisión sobre o gasto en patios de infantil e primaria
•Rogos e preguntas
Apreciamos a vosa asistencia para estar ao tanto das actividades e recoller as vosas inquedanzas.
______
*CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA*
A ANPA do CEIP EMILIA PARDO BAZÁN «Chouzo» convoca ás familias socias á ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA, que terá lugar o Martes 3 de xuño a partir das 16:15 h, e en canto remate a asemblea xeral ordinaria.
Orde do día:
•Presentación das candidaturas para a Xunta Directiva
•Elección da nova Xunta Directiva da ANPA do CEIP Emilia Pardo Bazán «Chouzo»
____
Nota: ábrese o prazo para presentar candidaturas (con nome para a presidencia, vicepresidencia, tesourería e
secretaría) ata o domingo 25 de maio.As listaxes de candidaturas exporanse durante a semana previa á elección.
No hay comentarios:
Publicar un comentario