miércoles, 22 de enero de 2025

Resumo da charla Como medrar nun entorno dixital

Na formacion Cómo medrar nun mundo dixital de forma saudable tocamos varios temas interesantes:

- O elevado tempo de consumo de pantallas ou inicio precoz ten como consecuencias alteracións da saúde mental e física e efectos negativos no desenvolvemento cerebral e no ámbito académico.

-  Un profesional dixitalmente competente non require dunha educación dixital na infancia.

-  A Asociación de Pediatría propón ás familias protexerse da presión social e atrasar mín. ata os 16 anos os dispositivos dixitais, así como dispor de espazos e momentos libres de pantallas.

-  Non se pode pedir consumo responsable aos menores porque non están preparados a nivel madurativo para filtrar contidos e limitar tempo de uso.
Por outra banda, Montse, docente dun IES no Grove, compartía a súa visión, despois de observar ao seu alumnado durante máis de 25 anos impartindo clase de arte. Contounos que, nos últimos anos , o alumnado quedaba durmido nas clases por usar os seus móbiles na habitación ata altas horas da madrugada. O abuso dixital orixina que non prestan atención, non saben esperar e interactúan peor, sin respeto nin empatía. 

Con todo, hai un atisbo de esperanza, que corrobora outro mestre de instituto presente na charla , xa que neste último ano mellorou o clima e a atención na clase. Unha nova tendencia motivada seguramente pola prohibición dos móbiles nos centros educativos e a conciencia dalgunhas familias (cada vez máis) de retrasar a idade de acceso aos smartphones. É importante facer redes de familias e rapazada, axudando a que non se sintan sos se non teñen smartphones e teñan ferramentas para socializar de forma máis saudable que a través destes dispositivos dixitais que tanto “enganchan”. 

 Acabou a charla coa participación de Rute, unha nai que é a presidenta da Anpa do IES o Castro. Animou a contactar con ela, porque en breve compartirá un proxecto para axudar as familias que deciden retrasar dar un smartphones os seus fillos/as cando vaian a instituto. Esperamos con ganas o material que compartirá dende a sus ANPA. 

Gracias a todos os asistentes!


No hay comentarios: