Atención!
Despois do Nadal temos unha cita ineludible destinada a educadores e familias de toda a comunidade educativa de Vigo.
O obradoiro «Como medrar de forma saúdabel nun mundo dixital» terá lugar na escola o vindeiro martes 21 de xaneiro as 16:30h.
Convidámosvos a recibir información e sensibilización sobre o uso dos medios dixitais no eido familiar, do ensino e social e a coñecer as consecuencias do seu inicio precoz e desregulado.
Facede xa a inscripción previa no correo anpaceipchouzo@gmail.com, indicando o num. de asistentes e se precisades servizo de ludoteca para os nenos/as.
* Asistencia é prioritaria para as familias do CEIP Emilia Pardo Bazán.
** As familias de fóra do cole pagan 2€ polo servizo ludoteca (a asistencia a charla é gratuíta).
No hay comentarios:
Publicar un comentario