viernes, 23 de mayo de 2025

PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS PARA A XUNTA DIRECTIVA

PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS PARA A XUNTA DIRECTIVA 

Animamos ás familias socias a acudir á ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA e participar na elección da nova Xunta Directiva da ANPA, que terá lugar o vindeiro martes 3 de xuño (en canto remate a asemblea xeral ordinaria que empeza a partir das 16:15 h).

Se non podedes acudir, é recomendable delegar o voto a unha persoa asistente, enchendo o seguinte documento: Descargar delegación de voto

Ata o momento se presentan as seguintes candidaturas: 

CANDIDATURA
Presidenta: Ana López Díaz
Vicepresidenta: Silvia Rodríguez Durán
Secretaria: Elena Verde Nistal
Tesoureira : Ana Estevez Rodríguez, 


CANDIDATURA
Presidenta: Tania Núñez García 
PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS PARA A XUNTA DIRECTIVA 
Animamos ás familias socias a acudir á ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA e participar na elección da nova Xunta Directiva da ANPA, que terá lugar o vindeiro martes 3 de xuño (en canto remate a asemblea xeral ordinaria que empeza a partir das 16:15 h).

Se non podedes acudir, é recomendable delegar o voto a unha persoa asistente, enchendo o seguinte documento adxunto. 

Ata o momento se presentan as seguintes candidaturas: 

CANDIDATURA
Presidenta: Ana López Díaz
Vicepresidenta: Silvia Rodríguez Durán
Secretaria: Elena Verde Nistal
Tesoureira : Ana Estevez Rodríguez


CANDIDATURA
Presidenta: Tania Núñez García
Vicepresidenta: Lorena Domínguez Rodríguez  
Secretaria: Ruth Gómez Valcárcel
Tesoureira: Ana María Carrasco Díaz 

O prazo para presentar candidaturas remata este domingo 25 de maio.

martes, 20 de mayo de 2025

Convocatoria Asamblea Xeral Ordinaria e Extraordinaria

CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA* 

A ANPA do CEIP EMILIA PARDO BAZÁN «Chouzo» convoca ás familias socias á ASEMBLEA XERAL ORDINARIA, que terá lugar o Martes 3 de xuño ás 15:45h en 1ª convocatoria, e ás 16:15 h en segunda convocatoria.

Orde do día:

•Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior
•Informe do estado de contas
•Informe da Xunta directiva
•Votación sobre a inclusión de nova empresa para realizar a actividade de robótica con Lego
•Votación para a decisión sobre o gasto en patios de infantil e primaria
•Rogos e preguntas

Apreciamos a vosa asistencia para estar ao tanto das actividades e recoller as vosas inquedanzas.
______

 *CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA* 
 
A ANPA do CEIP EMILIA PARDO BAZÁN «Chouzo» convoca ás familias socias á ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA, que terá lugar o Martes 3 de xuño a partir das 16:15 h, e en canto remate a asemblea xeral ordinaria.

Orde do día:

•Presentación das candidaturas para a Xunta Directiva
•Elección da nova Xunta Directiva da ANPA do CEIP Emilia Pardo Bazán «Chouzo»
____

Nota: ábrese o prazo para presentar candidaturas (con nome para a presidencia, vicepresidencia, tesourería e
secretaría) ata o domingo 25 de maio.As listaxes de candidaturas exporanse durante a semana previa á elección.

OBRADOIRO PARA SOLICITAR AXUDA FONDO LIBROS

OBRADOIRO PARA SOLICITAR AXUDA FONDO LIBROS 

O vindeiro martes 27 de maio ás 17h celebraremos o obradoiro para a presentación de Fondo Libros para as familias con nenos/as que actualmente esten cursando 6°infantil e primaria. 

Neste obradoiro aprenderemos a facer a solicitude da axuda e obteremos a documentación necesaria para tramitar a solicitude (anexo II). 

👆Para vir ao obradoiro é preciso ter a Chave 365 ou  certificado electrónico (traede o portátil nese caso). 
Tedes disponible na web do cole un documento sobre como solicitar a Chave (é moi sinxelo).

jueves, 15 de mayo de 2025

Demanda de apoios educativos


✊ A ANPA Chouzo súmase ás familias e ao colexio na demanda de apoios educativos para o noso centro. 
Esta demanda fíxose eco estes días nos medios de comunicación, pero non sempre cun enfoque axeitado. 

A realidade é que o colexio, ao igual que toda a rede educativa, sofre unha lamentable falta de recursos que perxudica diariamente ao noso alumnado e aos profesores, e isto sucede tanto nas aulas de Infantil coma no resto dos cursos. 

O problema é grave e urxente. 

@edu.xunta precisamos profesionales de apoio xa!!

lunes, 12 de mayo de 2025

Actualización do número de pactos "Sen smartphone ata os 16 anos"

Seguimos crecendo! Esta semana chegamos aos 57 pactos!!!

Si: 57 familias sumáronse xa ao pacto para retrasar a entrega dun smartphone ata os 16 anos.

Se queres sumarte ti tamén, faino na seguinte ligazón:
https://abalarbox.edu.xunta.gal/index.php/apps/forms/kHwXxJsX95eew6ig

E se queres máis información do que significa o pacto, podes consultalo no blog da ANPA do Chouzo:
https://chouzoanpa.blogspot.com/2025/04/educacion-saudable-eu-comprometome.html?m=1

Grazas por facernos máis grandes!

O mais relevante sobre a charla de autoestima


Vai resumo da charla de hoxe: 

A autoestima é un sentimento de valía persoal que percibimos e construimos de nos mesmos a través de:
- autoconcepto, ⁠autorespeto, autocoñecemento, autoaceptación e ⁠autovaloración. 

Cómo transmitir mensaxes sen dañar a súa autoestima:
- Evita etiquetas e especifica.
- ⁠Emprega o “Eu” en vez do “Ti”.
- ⁠Evita comparacións
- ⁠Ensina que o Erro é parte da aprendizaxe.
- ⁠Sé clar@ e ofrece alternativas.
- ⁠Reforza o vínculo afectivo
- ⁠Reforza o positivo antes e despóis dunha crítica.
- ⁠Se coherente e evita mensaxes contradictorios.
- ⁠Fala dende os feitos non dende as emocións.

Efecto pigmalión: a importancia de como alentamos sen frear o seu potencial. Creer e confiar nos nosos fill@s.

A importancia que ten mellorar e coidar da nosa autoestima como referentes adultos e consellos para conseguilo:
- Validarnos
- ⁠Ser realistas sen tantas expectativas
- ⁠Autocoidado
- ⁠Bo diálogo interno
- ⁠Delegar e pedir axuda
- ⁠Reforzar nosa red de apoio
- ⁠Priorizar a conexión emocional cos nosos fillos. Tempo de calidade. 
- ⁠Practica da gratitude e recoñecemento
- ⁠Ser consciente da túa influencia como modelo de referencia

A importancia de mostrarnos vulnerables, emocionarnos durante sua infancia e adolescencia.

Tipos de autoestima: Baixa, equilibrada e excesiva.

Ferramentas para mellorar a autoestima:
- Estimular iniciativas e creatividade.
- ⁠Vínculo estable (Apego seguro)
- ⁠Buscar solucións de forma conxunta e escoitar as súas opinións.
- ⁠Responsabilizarlles
- ⁠Darlles autonomía e confianza
- ⁠Recoñecer os seus logros e valorar seu esforzo
- ⁠Realizar críticas constructivas
- ⁠Apoio para conseguir as súas metas
- ⁠Empatizar
- ⁠Manter contacto físico a diario (apertas)
- ⁠Transmitirlles de forma adecuada e controlada as emocións que nos transmiten
- ⁠Compartir as propias emocións
- ⁠Escoita activa
- ⁠Reforzar con actividades que lles motiven e apaixonen
- ⁠Ofrecerlles novas oportunidades de facer actividades
- ⁠Validar as súas emocións e sentimentos
- ⁠Fomentar a toma de decisións adaptadas o seu desenvolvemento
- ⁠Ser exemplo e axudar no fracaso
- ⁠Darlle ferramentas para solucionar seus problemas.
Favorecer seu sistema de valores.
- ⁠Ser os seus modelos e referentes
- ⁠Mostrar amor e cariño
- ⁠Promover as súas relacións sociais.
- ⁠Actuar como factor de protección ante conductas negativas como as adiccións

-A importancia das súas actividades de lecer e tempo libre. As que lles gusten e servan para que recarguen, socialicen e disfruten. Que as escollan eles, e podan decidir cambiar ou probar novas.
Evitar ameazar con quitarlles das actividades que lles gustan por baixar rendemento académico