miércoles, 23 de octubre de 2024

Charla de disciplina positiva

Onte se nos fixo curta a charla de disciplina positiva porque o tema da para moito! Gracias @dondevivencuentos polo coro traballo e toda a información transmitida. 

Achegamos aquí un breve resumo da charla para compartilo con todas as familias que non puideches asisitir: 

A disciplina positiva é un enfoque educativo que promove conseguir equilibrio entre a permisividade e o autoritarismo, estableciendo límites claros e respectuosos dende a calma.

Promóvese a colaboración en familia evitando premios e castigos,  centrándose en desenvolver a responsabilidade, a autonomía e as habilidades sociais. 
Enfócase en desenvolver a resolución de problemas e o autocontrol nas crianzas.

Ap establecer normas e límites, éstas deben estar consensuadas e postas en común.

Por outra banda, as consecuencias lóxicas de non cumplir unha norma deben cumplir as 4 R, que son consecuencias:  
- relacionadas
- ⁠respectuosas
- ⁠razoables
- ⁠reveladas de antemán

Neste tipo de disciplina valóranse as conductas positivas e aléntase o esfuerzo.

Debemos lembrar que somos modelos da sua conducta, polo que si en algún momento desbordamos como adultos deberemos:
- Recoñecer o erro
- Responsabilizarnos 
- ⁠Reconciliarnos
- ⁠Resolver con enfoque en solucións

jueves, 17 de octubre de 2024

Festa de Samaín o 30 de outubro

Chega a primeira festa do ano, na que sempre o pasamos de medo! O vindeiro 30 de outubro de 17h a 19:30h organizamos a nosa Festa de Samaín, desta vez cun plan algo diferente ...

Tomade nota!! Haberá unha super sesión de maxia con @magiaenlamanga e un obradoiro de pintura tenebrosa, todo acompañado de comida e música horripilantes! Ademais, poderedes participar nun sorteo triple entre os que veñan vestidos de medo. 

Agradecemos a colaboración das familias para que traiades comida tenebrosa, seguro que haberá delicias coma todos os anos. 

Despois da festa, os alumnos/as a partir de 3° de primaria que queiran poderán quedarse á velada de Samaín a partir das 20h (ver condicións e previa inscrición en @cocofantecocofante ). 

Agardámosvos!!

miércoles, 16 de octubre de 2024

Convocatoria Asemblea Xeral o venres 25/10


O vindeiro venres 25 de outubro celebraremos a nosa Asamblea Xeral ás 16:00h en primeira convocatoria e 16:30h en segunda, no comedor do cole. 

A orde do día será a seguinte: 

- Lectura e aprobación da acta anterior
- Informe estado de contas
- Informe da xunta directiva
- Grupos de traballo e voluntariado
- Formacións / charlas
- Festas / datas
- Reclamacións profesorado
- Comedor (Monitor)
- Rogos e preguntas

Animamos a todas as familias socias a acudir para obter información directa do funcionamento da ANPA, achegar ideas e aclarar dúbidas.

martes, 15 de octubre de 2024

Convocatoria manifestación contra os recortes de apoio educativo


Os centros de ensino público estamos a atravesar unha situación complicada por mor da falta de recursos e dos recortes de profesorado.
Este curso no noso cole retiraron persoal (1 PT e medio AL) e para 4°de primaria non concederon o desdoblamento tendo en cada clase 26 alumnos/as. Esta precariedade de recursos afecta a todo o alumnado e especialmente ao alumnado con Necesidades Específicas de Apoio Educativo (NEAE).
É por iso que @foanpas e ADICOPUVI (Asociación de Directoras/es dos Colexios Públicos de Vigo), convocan a toda a cidadanía a unha MANIFESTACIÓN de protesta vindeiro MÉRCORES 16 de OUTUBRO ÁS 19:00 h DENDE O CRUCE DE VÍA NORTE CON URZAIZ
Pregamos fagades a máxima difusión posible desta mobilización para que chegue a todas as persoas que formamos a comunidade educativa da cidade.

Agardamos vervos o 16 de outubro. Contamos con vós e cos vosos nenos/as para facer todo o ruído posible! 

@foanpas
@adicopuvi
@edu.xunta

Situacion actual do CEIP Emilia Pardo Bazán tralos recortes en apoio educativo

Boas tardes, 
publicamos aquí estos datos para denunciar a situación inadmisible na que se atopa o noso colexio trala reducción dos especialistas de apoio educativo para este curso 2024/25. 
Como resultado dos recortes de persoal, actualmente están 40 alumnos/as sen atender e o 90% dos atendidos con menos sesións das necesarias.
Como é lóxico, esta precariedade afecta a todo o alumnado, ao profesorado e a organización da escola en xeral. 
Dende o ANPA e dende a escola convocamos a todas as familias a manifestarnos para reclamar os nosos recursos este mércores 16 ás 19h dende Vía Norte (manifestación ata a Farola de Príncipe). 

Non faltedes!! Fagámonos oir!! 

 #Educacion inclusiva#ApoyoNEE#RecursosparaelChouzo

@foanpas 
@chouzovigo

Obradoiro de Disciplina positiva (Donde viven los cuentos)


Comezamos as nosas formacións para familias e profesionais cun obradoiro moi instructivo para o noso día a día como educadores/as. Ven coñecer fundamentos básicos e ferramentas de disciplina positiva e cómo aplicala na crianza dos nosos fillos e fillas. 

❤️ Obradoiro "Disciplina positiva" da man de @dondevivencuentos. 

🗓️ Martes 22 de outubro de 16:30 a 18h na Aula de música. 

📝 Reserva a tua plaza no correo anpaceipchouzo@gmail.com. 

🐣 Indica no correo se precisas servizo de conciliación para que as túas crianzas queden na aula de xogos cun monitor.

@dondevivencuentos