martes, 15 de octubre de 2024

Convocatoria manifestación contra os recortes de apoio educativo


Os centros de ensino público estamos a atravesar unha situación complicada por mor da falta de recursos e dos recortes de profesorado.
Este curso no noso cole retiraron persoal (1 PT e medio AL) e para 4°de primaria non concederon o desdoblamento tendo en cada clase 26 alumnos/as. Esta precariedade de recursos afecta a todo o alumnado e especialmente ao alumnado con Necesidades Específicas de Apoio Educativo (NEAE).
É por iso que @foanpas e ADICOPUVI (Asociación de Directoras/es dos Colexios Públicos de Vigo), convocan a toda a cidadanía a unha MANIFESTACIÓN de protesta vindeiro MÉRCORES 16 de OUTUBRO ÁS 19:00 h DENDE O CRUCE DE VÍA NORTE CON URZAIZ
Pregamos fagades a máxima difusión posible desta mobilización para que chegue a todas as persoas que formamos a comunidade educativa da cidade.

Agardamos vervos o 16 de outubro. Contamos con vós e cos vosos nenos/as para facer todo o ruído posible! 

@foanpas
@adicopuvi
@edu.xunta

Situacion actual do CEIP Emilia Pardo Bazán tralos recortes en apoio educativo

Boas tardes, 
publicamos aquí estos datos para denunciar a situación inadmisible na que se atopa o noso colexio trala reducción dos especialistas de apoio educativo para este curso 2024/25. 
Como resultado dos recortes de persoal, actualmente están 40 alumnos/as sen atender e o 90% dos atendidos con menos sesións das necesarias.
Como é lóxico, esta precariedade afecta a todo o alumnado, ao profesorado e a organización da escola en xeral. 
Dende o ANPA e dende a escola convocamos a todas as familias a manifestarnos para reclamar os nosos recursos este mércores 16 ás 19h dende Vía Norte (manifestación ata a Farola de Príncipe). 

Non faltedes!! Fagámonos oir!! 

 #Educacion inclusiva#ApoyoNEE#RecursosparaelChouzo

@foanpas 
@chouzovigo

Obradoiro de Disciplina positiva (Donde viven los cuentos)


Comezamos as nosas formacións para familias e profesionais cun obradoiro moi instructivo para o noso día a día como educadores/as. Ven coñecer fundamentos básicos e ferramentas de disciplina positiva e cómo aplicala na crianza dos nosos fillos e fillas. 

❤️ Obradoiro "Disciplina positiva" da man de @dondevivencuentos. 

🗓️ Martes 22 de outubro de 16:30 a 18h na Aula de música. 

📝 Reserva a tua plaza no correo anpaceipchouzo@gmail.com. 

🐣 Indica no correo se precisas servizo de conciliación para que as túas crianzas queden na aula de xogos cun monitor.

@dondevivencuentos

jueves, 19 de septiembre de 2024

Formación online gratuita sobre violencia infantil da man de Amino Galicia

 


Hoxe vos contamos que a asociación Amino Galicia, que estivo no cole o curso pasado impartindo unha interesante formación sobre violencia cara a infancia, nos trae, coa colaboración da Xunta de Galicia, un ciclo gratuito de charlas formativas sobre violencia infantil. 

Nestes seminarios falarase dos tipos de violencias que poden afectar aos nosos/as menores e cómo xestionalos dende o eido familiar. É importante que as familias, como principais axentes de protección, conten coa información precisa para poder previr e erradicar os posibles perigos que podan afectar a o desenrrolo saludable e axeitado dos nenos/as. 

Por iso dende a asociación e a administración pública cren necesario potenciar accións que axuden a reducir os datos tan alarmantes de violencia contra a infancia na nosa comunidade  (estimase que 1 de cada 3 nenos/as sofre algun tipo de violencia).

As sesións teñen unha duración de 2 horas e realizaranse dende septembro ata novembro de xeito telemático a través do aplicativo ZOOM. 
A inscripción é gratuita a través do seguinte enlace: https://www.aminogal.es/eventos/

martes, 17 de septiembre de 2024

Orcas e arroaces de camiño a Ons

O pasado sábado o ANPA Chouzo foi de excursión ás illas Ons co apoio da @deputacionpontevedra a través do programa #+Convivencia. 

Un grupazo de 265 persoas compartimos unha divertida xornada de praia e paparota e un precioso paseo en barco con sorpresas incluídas: un grupo de arroaces viunos saudar á ida e un de orcas á volta! Unha marabilla! Quedamos encantados pequenos e maiores. 

Gracias pola gran participación das familias e ata a próxima!






viernes, 13 de septiembre de 2024

Reunión informativa de extraescolares


O vindeiro luns 16 faremos unha reunión informativa sobre as actividades extraescolares para as familias dos nenos/as matriculados/as en actividades. Agardámosvos ás 16:30h no comedor do cole.

viernes, 30 de agosto de 2024

Volta ao cole! Curso 2024-25




Quedan dous telediarios para que acabe o verán!! E na ANPA xa estamos quentando motores para o novo curso.

Coma sempre, seguiremos organizando os servizos de madrugadores e mediodía e as extraescolares de tarde, este ano con moitas novidades. Lembrade que para participar destas melloras e poder inscribirse nas actividades e nos servizos de conciliación é imprescindible afiliarse á ANPA.

Para darvos de alta como familia socia para este curso 2024/25 debedes seguir os seguintes pasos:

1. FAI O INGRESO DA COTA E GARDA O XUSTIFICANTE DE PAGO 
A cota de familia socia é de 15€ ao ano e se debe ingresar na conta bancaria ES56 2080 5104 8430 4001 2105 da entidade ABANCA, incluindo no concepto os apelidos da unidade familiar (os apelidos dos nenos/as). Importante: Garda o xustificante de pago no móbil porque deberás subilo si queres inscribirte ás actividades extraescolares. 

2. CUBRE OS DATOS DA FAMILIA NO FORMULARIO ONLINE 

Aclaracións:
  • Para ser socio de pleno de dereito da asociación e por tanto poder participar nos talleres de xogos e nas actividades, é imprescindible cubrir o formulario e ter aboado a cota de socio.
  • Aquelas familias que paguen a cota pero non cubran o formulario online non figurarán na lista de socios.
  • Recolle no local o teu carné de familia socia para desfrutar dos descontos en establecementos.
Gracias a todos pola vosa colaboracion!!