Hoxe vos contamos que a asociación Amino Galicia, que estivo no cole o curso pasado impartindo unha interesante formación sobre violencia cara a infancia, nos trae, coa colaboración da Xunta de Galicia, un ciclo gratuito de charlas formativas sobre violencia infantil.
Nestes seminarios falarase dos tipos de violencias que poden afectar aos nosos/as menores e cómo xestionalos dende o eido familiar. É importante que as familias, como principais axentes de protección, conten coa información precisa para poder previr e erradicar os posibles perigos que podan afectar a o desenrrolo saludable e axeitado dos nenos/as.
Por iso dende a asociación e a administración pública cren necesario potenciar accións que axuden a reducir os datos tan alarmantes de violencia contra a infancia na nosa comunidade (estimase que 1 de cada 3 nenos/as sofre algun tipo de violencia).
As sesións teñen unha duración de 2 horas e realizaranse dende septembro ata novembro de xeito telemático a través do aplicativo ZOOM.
A inscripción é gratuita a través do seguinte enlace: https://www. aminogal.es/eventos/
No hay comentarios:
Publicar un comentario