domingo, 14 de mayo de 2023

CONVOCATORIA ASEMBLEAS XERAIS

CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA
A ANPA do CEIP EMILIA PARDO BAZÁN «Chouzo» convoca a todos os seus socios e socias á ASEMBLEA XERAL ORDINARIA que terá lugar o LUNS 29 de MAIO ás 17:30 h en primeira convocatoria e ás 18:00 h en segunda convocatoria no comedor coa seguinte orde do día:
- LECTURA E APROBACIÓN DA ACTA ANTERIOR
- INFORME DO ESTADO DE CONTAS
- INFORME DA XUNTA DIRECTIVA
- FUTURA XESTIÓN DOS SERVIZOS DE MADRUGADORES E MEDIODÍA
- CALENDARIO DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CURSO 23-24
- FESTA DE FIN DE CURSO
- ROGOS E PREGUNTAS

CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA
A ANPA do CEIP EMILIA PARDO BAZÁN «Chouzo» convoca a todos os seus socios e socias á ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA que terá lugar o LUNS 29 de MAIO ás 18:30 horas no comedor coa seguinte orde do día:
- RENOVACIÓN DA XUNTA DIRECTIVA

martes, 9 de mayo de 2023

Exhibición de extraescolares

O próximo venres 2 de xuño, todos os nenos e nenas que participan en extraescolares terán a oportunidade de mostrar os seus progresos durante a xornada de exhibición. Non faltedes!



miércoles, 3 de mayo de 2023

REUNIÓN ABERTA SOBRE RENOVACIÓN DA DIRECTIVA

Convocamos a todas as familias interesadas en participar activamente na ANPA e ocupar algún dos cargos que van quedar vacantes, en favor da continuidade da asociación e dos servizos esenciais que ofrece, á reunión que terá lugar o próximo luns 8 de maio ás 18:00 h no taller de xogos. Animádevos a participar!

miércoles, 19 de abril de 2023

RENOVACIÓN DA XUNTA DIRECTIVA

Prezadas familias:
Este ano toca renovación da xunta directiva da ANPA.
Como todos sabemos, a ANPA do cole é a asociación de nais e pais dos nenos e nenas que están escolarizados no centro, e igual algúns de vós pensaredes... pero que fai a ANPA realmente? Pois a ANPA fai unha chea de cousas: coordinamos as actividades extraescolares; xestionamos o taller de xogos (madrugadores e mediodía); colaboramos na vida do centro en actividades como o «Comando verde» co que estamos a renovar os nosos patios con hortas; organizamos festas conmemorativas; facemos charlas para as familias en temas como igualdade, primeiros auxilios ou nutrición; axudamos a financiar as orlas e a revista escolar; en Nadal, chamamos a Papá Noel e mandamos as cartas ao Apalpador; participamos no consello escolar na toma de decisións importantes para o noso cole; e, por suposto, metémonos de cheo en todas as loitas necesarias para mellorar a calidade da educación, a accesibilidade, as instalacións ou o servizo de comedor, entre outros.
Isto é só unha pincelada de todo o que facemos desde a asociación. En resumo, a Anpa é unha ponte entre as familias e o cole, unha ponte moi valiosa que pode facer que o noso cole sexa un lugar amable no que todos nos sintamos a gusto e creemos un vínculo especial de comunidade.
Pero claro, lendo isto pensaredes, e como se fai? Todo isto faise a través dunha xunta directiva, é dicir, nais e pais voluntarios que forman parte dela como cabezas visibles da asociación. Os cargos da directiva son: presidente/a, vicepresidente/a, secretario/a, tesoureiro/a e tantos vogais como se queira. Como é de esperar, pensaredes tamén que é moito traballo, que non sabedes facer esas cousas ou que non tedes nada que achegar… Nada máis lonxe da realidade! Todas e todos temos unha chea de ideas que achegar e, se o grupo é bo e hai unha correcta repartición de funcións, só hai que ter ganas e distribuír o traballo en diferentes comisións. Se cada persoa achega algo, a directiva da ANPA é moi levadía e tamén gratificante.
A todas as nais e pais que esteades interesados en participar na ANPA e na súa renovación, enviádenos un correo electrónico a anpaceipchouzo@gmail.com. Convocaremos unha reunión para explicarvos todo en detalle.
Saúdos,
A actual directiva da ANPA

martes, 18 de abril de 2023

CAMPAMENTO DE VERÁN 2023

Prezadas familias:

Anunciamos o Campamento de Verán do Chouzo.
Horarios e prezos: https://chouzoanpa.blogspot.com/p/acampamentos.html
Para inscribirvos, facede clic AQUÍ e cubride o formulario en liña.

Máis información no teléfono 665990515 (Silvia Cocofante) e en chouzo@cocofante.es



miércoles, 12 de abril de 2023

CHARLA DE ALIMENTACIÓN SAUDABLE

Charla de alimentación saudable para adultos, impartida por Raquel Lucio Osorio, técnico superior en dietética e nutrición

Data: Mércores 19 de abril de 2023
Horario: 16:30 a 18:30 h
Lugar: CEIP Emilia Pardo Bazán
Organiza ANPA do Chouzo

Hai servizo de gardería.
Inscricións: https://forms.gle/2mbZMmZQeNzWBmTA6

Trataranse os seguintes temas:
- Características xerais dunha dieta sana (nenos e adultos)
- Macronutrientes (que son e onde se atopan)
- A pirámide alimentaria
- Método do prato
- Mitos da alimentación
- Que son os ultraprocesados e publicidade enganosa
- Compra saudable (etiquetado, produtos de supermercado)
- Almorzos, merendas e ceas saudables
- Actividade física: a importancia do deporte
- Obesidade e TCA (influencia das redes sociais)
- Dúbidas e preguntas





CHARLA SOBRE DIVERSIDADE AFECTIVO-SEXUAL

O vindeiro xoves día 20 de abril realizarase unha charla para as familias impartida por Cristina Palacios, presidenta de ARELAS, coa temática "A diversidade afectivo-sexual nas nenas e nenos". A duración da charla será de 2 horas, de 16:30 a 18:30 h na sala de usos múltiples do centro. Contaremos con servizo de gardería grazas á colaboración da ANPA. Esperamos a vosa participación!!!
Por favor cubride o seguinte formulario para poder organizar a charla así coma o servizo de gardería: https://forms.gle/Gg3SbLjsDDaf8Wye9