viernes, 14 de noviembre de 2025

Aprendendo xuntos a prevención do acoso escolar

Este mércores celebrouse no cole o obradoiro sobre o acoso escolar da man de @gabinetearnela.

✌️ Durante a xornada dividiuse o grupo en dous: por un lado, os adultos recibimos unha formación sobre as diferencias entre acoso e agresión, os síntomas de detección nos menores (cambios de humor, irratibilidade...) e cómo activar os protocolos de intervención dende o centro escolar e dende Inspección educativa. O acoso escolar é un tema complexo que se agravou nos últimos anos por culpa dun mal uso das redes sociais e o ciberacoso. 

🩷 Por outro lado foron os menores (a partir de 7 anos), que fixeron unha chuvia de ideas sobre que é o acoso, creando un ambiente de confianza e participación no que cada un puido expresarse libremente. Tamén decoraron globos escribindo neles as cousas que non se poden permitir e elaboraron un fermoso mural con compromisos de convivencia. 

Ao final da xornada, os adultos unímonos á rapazada e xuntos rematamos de encher o mural. Selamos o acto cun xogo no que cada equipo debía afastar os globos do seu terreo e, como era de esperar, gañaron os menores. 😝

Moitas gracias a Gabinete Arnela pola vosa magnífica forma de comunicar e o ambiente de confianza que se creou durante a charla. Gracias a todas as familias asistentes e ás personas da ANPA que o fixeron posible. 

💌 Se participaches nesta charla por favor cóntanos as túas impresións no correo anpaceipchouzo@gmail.com.



No hay comentarios: