jueves, 29 de mayo de 2025

Propostas mellora de servizo de comedor

PROPOSTAS DE MELLORA SERVIZO DE COMEDOR 

Estimadas familias, 
coa intención de millorar o servicio ofertado de comedor, dende o cole nos piden que transmitades por escrito todas as queixas e propostas de mellora referidas a este servicio ao correo ceip.emilia.pardo@edu.xunta.gal  con asunto "comedor".

Urxe para poder chegar a tempo de solicitar algún cambio e mellora para o vindeiro curso. 

Gracias pola vosa colaboración! 

lunes, 26 de mayo de 2025

Visita e obradoiro na Fundación Sales

Este sábado 24 desfrutamos moito na Fundación Sales. Unha visita guiada da man de Patricia, que nos ensinou os encantos que garda a fundación e desfrutamos dun obradoiro de estampación con Raquel,  no que  fixemos unhas creacións preciosas con elementos da natureza.  Gracias a todas as familias que viñechedes compartir e  crear lembranzas.

viernes, 23 de mayo de 2025

Pacto de familias "Sen smartphone ata os 16"

Seguimos crecendo! Esta semana chegamos aos 63 pactos!!!

63 familias sumándose ao pacto para retrasar a entrega dun smartphone ata os 16 anos.

As actualizacións do pacto aparecerán no blogue e nalgunha das nosas redes  mensualmente xa que xa se deu a coñecer e seguirá a disposición de todas as familias do Chouzo o fomulario para sumaros cando queirades!

Se queres sumarte ti tamén, faino na seguinte ligazón:
https://abalarbox.edu.xunta.gal/index.php/apps/forms/kHwXxJsX95eew6ig

E se queres máis información do que significa o pacto, podes consultalo no blog da ANPA do Chouzo:
https://chouzoanpa.blogspot.com/2025/04/educacion-saudable-eu-comprometome.html?m=1


Grazas por facernos máis grandes!