Estimadas familias:
Ao igual que outros centros de Vigo, lanzamos o proxecto anual “Educación Saudable: Eu Comprométome”, para atrasar a chegada do móbil ao alumnado e para acadar un uso responsable do mesmo.
Esta iniciativa ten o fin de promover un pacto de familias para contrarrestar a presión social de entregar un smartphone con conexion a Internet antes dos 16 anos.
Este pacto ofrécese como unha axuda para protexer o benestar mental, físico e emocional dos menores, contribuíndo así a manter as súas actividades saudables, evitando a distracción constante e reducindo a presión social para familias e estudantes.
- Se é necesario ofrecer un dispositivo para poder comunicarse coas crianzas, existen alternativas como teléfonos móbiles analóxicos ou reloxos sen conexión a internet.
A continuación facilitamos tres enlaces para ter toda a información, e para poder sumarse ao pacto:
Pacto de familias – información detallada
Pacto de familias – resumo
Formulario para sumarse ao pacto
- O formulario de adhesión ao pacto é anónimo e o único dato que se publicará será o número total de familias/alumnado que se suman ao pacto por cada curso. Non se compartirán datos persoais nin de familias nin menores. Este compromiso renovarase ano a ano, ao inicio do curso escolar.
Semanalmente irase publicando no blog da ANPA os datos co número de pactos por aula.
Animádevos a participar!!!
Porque xuntas somos máis fortes!
No hay comentarios:
Publicar un comentario