miércoles, 22 de enero de 2025

Resumo da charla Como medrar nun entorno dixital

Na formacion Cómo medrar nun mundo dixital de forma saudable tocamos varios temas interesantes:

- O elevado tempo de consumo de pantallas ou inicio precoz ten como consecuencias alteracións da saúde mental e física e efectos negativos no desenvolvemento cerebral e no ámbito académico.

-  Un profesional dixitalmente competente non require dunha educación dixital na infancia.

-  A Asociación de Pediatría propón ás familias protexerse da presión social e atrasar mín. ata os 16 anos os dispositivos dixitais, así como dispor de espazos e momentos libres de pantallas.

-  Non se pode pedir consumo responsable aos menores porque non están preparados a nivel madurativo para filtrar contidos e limitar tempo de uso.
Por outra banda, Montse, docente dun IES no Grove, compartía a súa visión, despois de observar ao seu alumnado durante máis de 25 anos impartindo clase de arte. Contounos que, nos últimos anos , o alumnado quedaba durmido nas clases por usar os seus móbiles na habitación ata altas horas da madrugada. O abuso dixital orixina que non prestan atención, non saben esperar e interactúan peor, sin respeto nin empatía. 

Con todo, hai un atisbo de esperanza, que corrobora outro mestre de instituto presente na charla , xa que neste último ano mellorou o clima e a atención na clase. Unha nova tendencia motivada seguramente pola prohibición dos móbiles nos centros educativos e a conciencia dalgunhas familias (cada vez máis) de retrasar a idade de acceso aos smartphones. É importante facer redes de familias e rapazada, axudando a que non se sintan sos se non teñen smartphones e teñan ferramentas para socializar de forma máis saudable que a través destes dispositivos dixitais que tanto “enganchan”. 

 Acabou a charla coa participación de Rute, unha nai que é a presidenta da Anpa do IES o Castro. Animou a contactar con ela, porque en breve compartirá un proxecto para axudar as familias que deciden retrasar dar un smartphones os seus fillos/as cando vaian a instituto. Esperamos con ganas o material que compartirá dende a sus ANPA. 

Gracias a todos os asistentes!


martes, 21 de enero de 2025

Educación sexual dende a casa con Quérote+


🚨¡¡¡NOVA FORMACIÓN!!! Educación sexual dende a casa. 

 @querote_mais nos trae un obradoiro moi necesario sobre Educación sexual, onde crearemos un espazo de reflexión no que compartir inquedanzas e dúbidas e coñecer ferramentas útiles para a educación dos nosos fillos e fillas. Trataremos os seguintes temas, entre outros:  
-  De qué falamos cando falamos de sexo e sexualidade
- ⁠ Modelos de educación sexual 
-  Qué tratar en cada etapa educativa 
- ⁠ Ferramentas de educación sexual na familia

🗓️ Martes 4 de febreiro 
🕔 De 16:30 a 18:00h na aula de música 
🧔 Charla exclusiva para adultos ( familias e educadoras/es) 

✉️ Inscricións no correo anpaceipchouzo@gmail.com

 🐣 Indicade no email se precisades ludoteca para as crianzas (servizo de balde para alumnado do Chouzo e cun custo de 2€ para alumnado de fóra). 

miércoles, 8 de enero de 2025

De cando fomos patinar sobre xeo!

Deixamos atrás xa o Nadal, pero nos faltaba ensinar  por aquí uns recordiños do día que fomos patinar sobre xeo!  Un placer desfrutar xuntos e facer piña coas familias do cole. Repetiremos!

Obradoiro "Como medrar de forma saúdabel nun mundo dixital", martes 21 de xaneiro as 16:30h.


Atención! 
Despois do Nadal temos unha cita ineludible destinada a educadores e familias de toda a comunidade educativa de Vigo. 

O obradoiro «Como medrar de forma saúdabel nun mundo dixital» terá lugar na escola o vindeiro martes 21 de xaneiro as 16:30h. 

Convidámosvos a recibir  información e sensibilización sobre o uso dos medios dixitais no eido familiar, do ensino e social e a coñecer as consecuencias do seu inicio precoz e desregulado.

Facede xa a inscripción previa no correo anpaceipchouzo@gmail.com, indicando o num. de asistentes e se precisades servizo de ludoteca para os nenos/as. 

* Asistencia é prioritaria para as familias do CEIP Emilia Pardo Bazán. 

** As familias de fóra do cole pagan 2€ polo servizo ludoteca (a asistencia a charla é gratuíta).