E, coma sempre, unha chea de sentimentos ateigan o noso corpo: satisfacción por ter superado o curso e os múltiples retos aos que nos enfrontamos cada día de escola, tanto a cativada, coma as familias e os docentes, pero tamén nostalxia por non poder parar o tempo, porque a rapazada medra e cada vez nos necesitan menos!
A ANPA pecha un ano de importantes cambios (de directiva, de vogais..), e de moitos retos cumplidos. Neste curso organizamos 7 formacións para familias e profesionais da ensinanza en multiples áreas (saúde, benestar, crianza, trámites burocráticos...). Gracias pola vosa asistencia e participación, o esforzo por vir formarse denota un interese e unhas inquedanzas que seguro repercutirán no bienestar da vosa familia.
Organizamos as festas das tradicionais datas sinaladas, este ano tamén cos Elfos de Nadal, o concurso de disfraces e o esperado Magosto. Tamén retomamos as excursións, cunha cita moi especial ás Illas Cíes e outra a volta do veran ás Illas Ons, e celebramos os famosos Pícnics en familia na zona do hórreo. E por suposto a esperada Festa de fin de curso!!
Dende o Comando verde continuamos sementando e coidando as hortas de primaria e infantil e facendo o entorno do cole mais amigable coas casas de bechos, casas de morcegos e comedeiros para paxaros instalados en distintas partes do cole. Ademais, trouxemos elementos moi especiais para que os patios sexan mais naturais e inclusivos, instalando as mesiñas con bancada e a casa de madeira con camiño de chanzos nos patios de primaria.
E para o ano que ven, máis!! Coma todos os cursos seguiremos ofrecendo os servizos de conciliación da aula madruga e da aula mediodía e tamén un montón de extraescolares (que xa están publicadas no blog).
Gracias a todos pola vosa confianza!
No hay comentarios:
Publicar un comentario