Xa está publicada no DOG a convocatoria de axudas de libros de texto e material escolar para o alumnado de primaria e temos ata o 21 de xuño para solicitalas.
Dende a ANPA levaremos a cabo unha formación presencial para dar apoio ás familias, e aquelas que o desexen poderán presentar no momento a sua solicitude.(Avisaremos nestes días da data da formación).Tamén poñemos a vosa disposición un manual para a solicitude telemática e outro documento para calcular a axuda que vos corresponde en función dos vosos ingresos familiares.
As axudas de libros de texto abranguen:
- 💸. O alumnado de 1º e 2º de primaria poderá recibir entre 160 e 240€ en función da renda familiar (os libros non son reutilizables).
- 📖. O alumnado de 3º a 6º de EP poderá recibir entre 4 e 6 libros do fondo de libros.
As axudas de material escolar son:
- 🎒 Entre 60 e 75€ para material escolar en función da renda familiar.
🖥️ A axuda poderase presentar telemáticamente (modo preferente) ou presentar directamente na escola. O prazo de presentación remata o 21 de xuño.
Podes atopar toda a información e os documentos descargables na web da escola neste enlace.
No hay comentarios:
Publicar un comentario