jueves, 26 de diciembre de 2024

Felices festas a todas as familias!

Así foi a Festa de Nadal do Chouzo: sorteos, manualidades, entrega de cartas, photocall e badaladas con gusanitos! Todo amenizado pola musica de @pakolas_pacocerdeira !! Gracias a todos por asistir. De parte da ANPA vos desexamos que pasedes unhas felices festas!

viernes, 20 de diciembre de 2024

sábado, 14 de diciembre de 2024

Novas mesas redondas para o patio de primaria

A ANPA adquiriru estas mesas redondas con bancada para o patio de primaria. Son moi versátiles porque valen para moitas cousas:  xogar a xogos de mesa, tomar a merenda e ata dar clase no exterior. 

Polo que nos contan, tiveron moito éxito!! 

Gracias a todas as familias que participaron na montaxe!!

jueves, 12 de diciembre de 2024

Probando xogos de mesa con Customeeple


A formación de @customeeple voltou ao cole con novos xogos de mesa  e moitas gañas de compartir connosco os seus beneficios na crianza. 

Agora, a parte de coñecer ferramentas pedagóxicas moi interesantes, temos unha boa lista de ideas para agasallar en Nadal! 

Gracias a todas as familias que asistiron e a @customeeple pola súa entrega!

jueves, 5 de diciembre de 2024

Festa de Nadal con Pakolas


Gardade xa o día!!! O 20 de decembro de 17h a 20h  é a festa do Nadal no Chouzo e temos actuación de @pakolas_pacocerdeira!! 

 Haberá taller de pintura navideña, photocall, buzón para deixar as vosas cartas navideñas e ata badaladas de fin de ano. Vinde pasar unha tarde divertida en familia!

lunes, 2 de diciembre de 2024

Obradoiro de xogos de mesa o vindeiro xoves 12 de decembro


Repetimos formación con @customeeple, os nosos veciños de Torrecedeira 64! Encantounos o ano pasado e este curso voltan con xogos novos a mostrarnos que son unhas ferramentas moi interesantes para a crianza e a educación dos nosos fillos e fillas. E tamén unha moi boa idea a ter en conta antes do Nadal! 

Taller: " Descubrindo o potencial dos xogos de mesa na educación" (para adultos: nais, pais e educadores/as) 

Imparte: @customeeple

Día e hora: Xoves 12 de decembro ás 16:30h. 

Beneficios dos xogos de mesa: 

- Aprender a lidiar coa frustración 
- Mellorar as relacións familiares 
- Entrenar a concentración 
- Potenciar contidos curriculares 
- Axudar no control de impulsos (agardar quendas, estratexias, etc).

Inscricións en anpaceipchouzo@gmail.com (Indicando si precisas servizo ludoteca.)

* Esta formación está aberta a familias de fóra do cole, pero terán prioridade de asistencia as familias do Chouzo. (O servizo ludoteca terá un custo de 2€ para as familias de fóra do cole).

jueves, 21 de noviembre de 2024

Obradoiro de saúde mental


Hoxe tivemos un relaxante obradoiro de saúde mental da man de Andrea Tumbeiro, masaxista, enfermeira, técnica en benestar e nai da escola. 

Aprendimos a importancia da respiración abdominal e a inhalar aos poucos para sentir como se extende o aire dende o abdomen ata os pulmóns. É preciso empregar esta respiración para controlar a ansiedade e manter a calma ante situacións de estrés.

A través de varias dinámicas comprobamos que existen diversos factores que xeran estrés no noso día a día, tales como o traballo, as tarefas domésticas, a economía, a familia, as rutinas diarias, … Estas cargas son moi difíciles de soportar cando se producen constantemente ao mesmo tiempo. Por este motivo, debemos centrarnos nunha soa tarefa, a que vexamos máis urxente ou necesaria, para evitar colapsar.

Andrea explicounos que en sanidade están a atopar niveles de ansiedade e estrés en menores cada vez más novos e que resulta imprescindible coidar o seu equilibrio físico, mental e emocional. Sería de gran axuda que os centros educativos ensinaran educación emocional e técnicas de respiración en temprana idade, xa que é clave para manexar a frustracións dunha maneira saudable.

Finalizamos cunha relaxación guiada, animándonos a que incorporala como rutina nas nosas vidas, empezando con pouco tempo para ir ampliando según a práctica.

Gracias por todo Andrea!

martes, 12 de noviembre de 2024

O Chouzo vai a patinaxe sobre xeo


CHOUZO SOBRE XEO 2024

Prezadas familias do Chouzo:
Estamos organizando unha xornada de patinaxe sobre xeo na pista de Samil durante a mañá do vindeiro sábado 21 de decembro (de 11 a 12). Poden anotarse grandes e pequenos a un prezo de 5 €/persoa. 

Anotádevos ata o 24 de novembro no local da ANPA ou na dirección de correo anpaceipchouzo@gmail.com indicando: nome do neno/a, curso e grupo, nome do(s) acompañante(s) que tamén desexe(n) patinar, e se queredes pingüín (2,5 €, limitado a 1 pingüín por familia). 

Uns días despois, confirmaremos polas nosas redes sociais se chegamos ao mínimo de 50 persoas anotadas para que se poida celebrar a actividade. Se sae o grupo, teriades que pagar por adiantado no local da ANPA entre os días 25 novembro e 5 de decembro, ambos incluídos.

Cantos máis sexamos, máis diversión para todos/as! ANIMÁDEVOS!!

O Chouzo vai ao Circo de Nadal


O CHOUZO AO CIRCO DE NADAL 2024

Prezadas familias: 
Este ano temos acceso a butaca bronce do circo de Nadal a un prezo especial de 8€ por persoa e butaca plata a 12€.A sesión é o vindeiro domingo 15 de decembro as 12 da maña. 
Para anotarvos tedes ata o 24 de novembro pasando polo local da ANPA ou enviando un correo a anpaceipchouzo@gmail.com indicando: nome do nenos/as, curso e grupo, nome do(s) acompañante(s). (Os menores deben vir acompañados dun adulto). 
Confirmaremos por redes sociais se chegamos ao mínimo de 100 persoas para que se poida celebrar a actividade. Se sae o grupo, teriades que pagar por adiantado no local da ANPA entre os días 25 novembro e 5 de decembro, ambos incluídos. 

VINDE COMPARTIR A MAXIA DO CIRCO!

viernes, 8 de noviembre de 2024

Obradoiro de Saúde Mental, 20 de novembro


Obradoiro de Saúde Mental: Conectando a Ansiedade e a Depresión coa Relaxación

🗓️ Mércores 20 de novembro ás 16 horas na aula de Música 

🙋Imparte: Andrea Tumbeiro Romero, Técnica Superior en Estética Integral e Benestar, Masaxista e Enfermeira.

📩 Inscricións no correo anpaceipchouzo@gmail.com. Indica se precisas servizo de ludoteca para deixar aos nenos/as. (Este servizo é de balde para as familias socias da ANPA e ten un custe de 2€ para as familias que non son socias).

Neste obradoiro exploraremos a conexión entre a ansiedade e a depresión e veremos cómo a práctica da relaxación pode ser unha ferramenta poderosa para millorar a nosa saúde mental. 

A través dunha sesión guiada de meditación e técnicas de relaxación, aprenderemos a xestionar o estrés e a fomentar un estado de benestar.

¡Únete a nos e descubre cómo cultivar a paz interior e millorar a tua calidade de vida!

Agardámoste!

Nota: Este obradoiro está aberto a familias de fóra do cole, con prioridade de asistencia ás familias do Chouzo.

jueves, 31 de octubre de 2024

Maxia, comida e premios no Samaín!

Incrible a cantidade de comida terrorifica que doachedes as familias para a Festa de Samaín. De parte de todas as voluntarias da ANPA: GRACIAS!!! Así da gusto!!



Aquí vai unha recapitulización da festa de Samain, este ano con actuación de @magiaenlamanga, gracias por facernos pasar un rato estupendo! 

 De novo gracias ás familias por colaborar traendo e mercando comida terrorífica que, por certo, a parte de bonita tamén estaba moi rica. 

Noraboa aos gañadores dos tres sorteos que fixemos entre os asistentes disfrazados. 

Tamén houbo mesa de manualidades con plantillas divertidas para grandes e pequenos. 

Agardamos que pasarades unha boa tarde en familia!