martes, 20 de octubre de 2020

COMEZO DO SERVIZO DE MADRUGADORES

Dende a ANPA queremos informar a todas as familias socias de que contamos coa aprobación definitiva para o servizo de madrugadores, que dará comezo o día 2 de novembro. Todas as familias preinscritas ata o día 19/10/2020 tendes a vosa praza asegurada.

Aquí podedes consultar o protocolo específico aplicable a este servizo: protocolo madrugadores

As familias interesadas que aínda non enviarades a vosa preinscrición podedes facelo seguindo estas indicacións: http://chouzoanpa.blogspot.com/p/conciliacion.html

Aínda temos dispoñible unha praza no primeiro grupo, e non descartamos poder formar un segundo grupo, en función das preinscricións recibidas de hoxe en diante.

O taller de mediodía, polo momento, non se está a organizar.

Se tendes algunha dúbida, consulta ou suxestión, enviade un correo a tesoreriaanpachouzo@gmail.com e indicade o voso número de teléfono se queredes que vos chamemos para falar.

Apertas!

No hay comentarios: