viernes, 30 de agosto de 2024

Volta ao cole! Curso 2024-25




Quedan dous telediarios para que acabe o verán!! E na ANPA xa estamos quentando motores para o novo curso.

Coma sempre, seguiremos organizando os servizos de madrugadores e mediodía e as extraescolares de tarde, este ano con moitas novidades. Lembrade que para participar destas melloras e poder inscribirse nas actividades e nos servizos de conciliación é imprescindible afiliarse á ANPA.

Para darvos de alta como familia socia para este curso 2024/25 debedes seguir os seguintes pasos:

1. FAI O INGRESO DA COTA E GARDA O XUSTIFICANTE DE PAGO 
A cota de familia socia é de 15€ ao ano e se debe ingresar na conta bancaria ES56 2080 5104 8430 4001 2105 da entidade ABANCA, incluindo no concepto os apelidos da unidade familiar (os apelidos dos nenos/as). Importante: Garda o xustificante de pago no móbil porque deberás subilo si queres inscribirte ás actividades extraescolares. 

2. CUBRE OS DATOS DA FAMILIA NO FORMULARIO ONLINE 

Aclaracións:
  • Para ser socio de pleno de dereito da asociación e por tanto poder participar nos talleres de xogos e nas actividades, é imprescindible cubrir o formulario e ter aboado a cota de socio.
  • Aquelas familias que paguen a cota pero non cubran o formulario online non figurarán na lista de socios.
  • Recolle no local o teu carné de familia socia para desfrutar dos descontos en establecementos.
Gracias a todos pola vosa colaboracion!!

lunes, 22 de julio de 2024

Préstamo de libros para o curso 2024/2025


E xa fixemos o reparto do préstamo de libros da ANPA!! 
Este curso o banco recibiu 115 asignaturas donadas e 70 asignaturas prestadas. 

Para o alumnado de 3° de primaria inda temos libros, podedes pasar polo local a principio de curso para solicitalos.

Gracias a todos e todas! Sen a implicación das familias e a nosa encargada voluntaria, este banco non sería posible.

martes, 25 de junio de 2024

Recibida a subvención do Plan Corresponsables 2024 para a contratación dun monitor no comedor

Estamos de celebración!! A ANPA Chouzo recibiu unha subvención con cargo o Plan Corresponsables 2024 da Secretaría Xeral de Igualdade para a contratación dun monitor/a no servizo de comedor do CEIP Emilia Pardo Bazán.

Fin de curso 2024

Rematou o cole!! 🎉🎉

E, coma sempre, unha chea de sentimentos ateigan o noso corpo: satisfacción por ter superado o curso e os múltiples retos aos que nos enfrontamos cada día de escola, tanto a cativada, coma as familias e os docentes, pero tamén nostalxia por non poder parar o tempo, porque a rapazada medra e cada vez nos necesitan menos! 

A ANPA pecha un ano de importantes cambios (de directiva, de vogais..), e de moitos retos cumplidos. Neste curso organizamos 7 formacións para familias e profesionais da ensinanza en multiples áreas (saúde, benestar, crianza, trámites burocráticos...). Gracias pola vosa asistencia e participación, o esforzo por vir formarse denota un interese e unhas inquedanzas que seguro repercutirán no bienestar da vosa familia.

Organizamos as festas das tradicionais datas sinaladas, este ano tamén cos Elfos de Nadal, o concurso de disfraces e o esperado Magosto. Tamén retomamos as excursións, cunha cita moi especial ás Illas Cíes e outra a volta do veran ás Illas Ons, e celebramos os famosos Pícnics en familia na zona do hórreo. E por suposto a esperada Festa de fin de curso!! 

Dende o Comando verde continuamos sementando e coidando as hortas de primaria e infantil e facendo o entorno do cole mais amigable coas casas de bechos, casas de morcegos e comedeiros para paxaros instalados en distintas partes do cole. Ademais, trouxemos elementos moi especiais para que os patios sexan mais naturais e inclusivos, instalando as mesiñas con bancada e a casa de madeira con camiño de chanzos nos patios de primaria.

E para o ano que ven, máis!! Coma todos os cursos seguiremos ofrecendo os servizos de conciliación da aula madruga e da aula mediodía e tamén un montón de extraescolares (que xa están publicadas no blog). 

Gracias a todos pola vosa confianza!

jueves, 20 de junio de 2024

Marcha Pilar de Araújo, pero queda Pili


Chegou un momento agridoce, cheo de gratitude e nostalxia. Despois de anos de dedicación incansable, despídese Pilar de Araújo, quen foi directora e, sobre todo, profesora das nosas crianzas máis pequenas. Pero non é un adeus, senón un “ata logo” cargado de lembranzas e afecto. O mellor de todo é que queda para sempre a nosa Pili.

A súa paixón pola educación, o seu compromiso con cada estudante e o seu amor pola nosa comunidade, deixaron unha pegada imborrable nos nosos corazóns. Mostra disto é cada vez que exerce de avoa e baixa ao parque de Industria, onde é saudada con afecto e amor polos nosos nenos e nenas, que a arrodean con todo o agarimo.

Quen escribe estas liñas coñeceuna xa coma Directora, e recibiu sempre dela o apoio incondicional para a transformación e mellora do noso colexio. Os corredores e as aulas non serán os mesmos sen a súa presenza, pero o seu legado perdurará. Agardo que este último ano, onde deixou a Dirección para poder dedicarse aos seus nenos, fose o colofón para poder despedirse na súa carreira profesional facendo o que máis lle gustaba.

Estes días de despedida deixan claro que todos lle desexamos o mellor nesta nova etapa da vida. Quédanos a alegría de saber que, como avoa, seguiremos véndoa polo noso Chouzo a miúdo.

Con moito agarimo de toda a comunidade educativa, e dunha ANPA que sempre contou con ela para todo, enviámoslle unha forte aperta.

Fabio Freixeiropresidente da ANPA



martes, 18 de junio de 2024

Excursión ás Illas Cies

15/06/24 


E marchamos ás Cíes!! Entre neveiriñas, litros de auga, bocatas de tortilla, balóns de plástico e moitos moitos nenos e nenas! 
A Praia de Rodas encheuse de miles de pequenas pegadas e durante unha xornada só se escoitaron risas, salpicaduras, chutes ao balón e toques ás palas. Os máis valientes visitaron o Faro e outros a cafetería en procura dun xeado. 

Marchamos todos contentos de ter compartido unha bonita experiencia en familia vendo aos nenos e nenas desfrutar. Algún que outro cunha picadura de gaivota por ter levado un bocata demasiado rico!! 

Moitisimas gracias ás voluntarias e voluntarios da ANPA por organizar experiencias coma esta!! Queremos repetir!!

jueves, 13 de junio de 2024

Préstamo de libros


Queridas familias! 

Un curso mais, a ANPA organiza o préstamo de libros de texto entre as familias do cole. 
Doar os libros deste curso fomenta un consumo responsable, axuda a economía doutras familias e dá prioridade á hora de recibir libros para o vindeiro ano. 

  • Para doar: deixa os libros na secretaria do cole (cun nome identificativo) ou no local da ANPA en horario de 9:00 a 10:00h os martes e xoves do 25 de xuño ao 4 de xullo. 
  • Para recibir:  solicita os libros que precises enviando un correo a  anpaceipchouzo@gmail.com. 

Aclaracións sobre o préstamo de libros: 

  • O préstamo de libros é unha iniciativa da ANPA, que fai de organizadora e mediadora entre as familias para pasarse libros dun ano para outro. 
  • As familias doantes e socias da ANPA terán prioridade á hora de recibir libros.
  • As familias que soliciten a axuda da Xunta para libros de texto e material poden participar perfectamente nesta iniciativa. Deben solicitar os libros que non reciban da Xunta, é dicir, se por exemplo recibes 3 libros pola axuda, podes pedir os restantes ao préstamo da ANPA. 
  • Se tes varios fillos no cole e doas os libros do irmá/n maior, unha vez o seguinte irmán chegue a ese curso, recibirá automáticamente eses libros (antes de facer o reparto ao resto de familias), sempre que os libros non cambiaran. Animámosvos a doar e non ter guardados os libros varios cursos porque así teredes prioridade á hora de recibir libros para o irmá maior. 

Gracias por participar. 
Se tes dúbidas escríbenos ao correo!