martes, 22 de junio de 2021

Devolucións e doazóns "fondo de libros" da ANPA

Aviso para as familias con libros do "fondo de libros" da ANPA e para as que queiran facer doazóns. Os próximos días 23, 24 e 25 de xuño estaremos no local de 9:00 a 10:30 para recollelos. Grazas.

jueves, 10 de junio de 2021

FONDO DE LIBROS DA ANPA

Prezadas familias:

Para o vindeiro curso 2021-22 tamén faremos un fondo de libros na ANPA polo que solicitamos a vosa colaboración a través de doazóns de libros de texto (3° a 6° de Primaria), libros de lectura ou dicionarios.
Aqueles que desfrutaron dos libros da ANPA deben devolvelos con cita previa no correo electrónico: anpaceipchouzo@gmail.com

Como solicitar ou doar?

1. Escribir un correo electrónico a anpaceipchouzo@gmail.com
2. Asunto: Fondo libros da ANPA.
3. Corpo da mensaxe: Nome do alumno, curso para o que solicita / doa libros e número de teléfono.
4. Para os que solicitan libros, asignaráselles número de solicitude e avisaráselles cando os teñamos.
5. Para os que doan, fixarase unha cita para deixar os libros.

O prazo para as solicitudes ou doazóns será dende o día 22 de xuño ao 16 de xullo.

Un saúdo!

jueves, 20 de mayo de 2021

CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA E EXTRAORDINARIA

CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA

A ANPA “EMILIA PARDO BAZÁN” convoca a tódolos/as socios/as á ASEMBLEA XERAL ORDINARIA que terá lugar o MÉRCORES 2 de XUÑO ás 17:00 horas en primeira convocatoria e ás 17:30 horas en segunda no comedor coa seguinte orde do día:
- LECTURA E APROBACIÓN DA ACTA ANTERIOR
- INFORME ESTADO DE CONTAS
- INFORME DA XUNTA DIRECTIVA
- ROGOS E PREGUNTAS

CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA

A ANPA “EMILIA PARDO BAZÁN” convoca a tódolos/as socios/as á ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA que terá lugar o MÉRCORES 2 de XUÑO ás 18:00 horas en primeira convocatoria e ás 18:30 horas en segunda no comedor coa seguinte orde do día:
- RENOVACIÓN DA XUNTA DIRECTIVA

miércoles, 28 de abril de 2021

🌱🌿 Xardín de plantas aromáticas 🌿🌱

Desde a ANPA propuxemos un proxecto ao cole, que aceptaron con moito gusto. Trátase da creación dun xardín de plantas aromáticas no prado do hórreo.
A idea é poder facelo a próxima semana, sempre que o tempo nolo permita, e para iso necesitamos de mans voluntarias que queiran vir traballar un par de tardes ao cole.
Saibas ou non saibas de xardíns ou hortas, se tes ganas de axudar, mándanos un correo a anpaceipchouzo@gmail.com indicando os teus datos e poñerémonos en contacto contigo para indicarche día e hora (será sempre en horario de tarde).
 


martes, 6 de abril de 2021

Prórroga libros de texto

Comunícase que a Xunta prorrogará a vixencia dos libros de 4º e 6º de Primaria e de 1º e 3º de ESO para evitar un gasto extraordinario nas familias.

miércoles, 24 de febrero de 2021

DEVOLUCIÓN PISCINA CURSO 2019-2020

Aviso a todas as familias anotadas no 2º cuadrimestre da actividade de PISCINA durante o curso 2019-2020:
Para recibir a devolución da parte do curso non desfrutada por causa da cancelación da actividade debido á COVID, por favor enviade un correo a tesoreriaanpachouzo@gmail.com co asunto PISCINA APELIDOS DO(S) NENO(S) e a seguinte información:

Número de conta bancaria en formato IBAN (ES seguido de 22 cifras)
Titular da conta
Número de irmáns anotados na actividade

Moitas grazas!

miércoles, 10 de febrero de 2021

ENTROIDO 2021

Queridas nenas e nenos e queridas familias do Chouzo:

Este ano para celebrar o Entroido, a ANPA convídavos a participar nun concurso de disfraces virtual!
Só tedes que sacarvos unha foto co voso traxe de entroido e enviala a anpaceipchouzo@gmail.com. A comisión de festas da ANPA elixirá as fotos gañadoras. O prazo para enviar as fotos é do 12 ao 17 de febreiro.

Lede atentamente as bases do concurso a continuación, ou descargade o arquivo facendo clic aquí.