jueves, 20 de mayo de 2021

CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA E EXTRAORDINARIA

CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA

A ANPA “EMILIA PARDO BAZÁN” convoca a tódolos/as socios/as á ASEMBLEA XERAL ORDINARIA que terá lugar o MÉRCORES 2 de XUÑO ás 17:00 horas en primeira convocatoria e ás 17:30 horas en segunda no comedor coa seguinte orde do día:
- LECTURA E APROBACIÓN DA ACTA ANTERIOR
- INFORME ESTADO DE CONTAS
- INFORME DA XUNTA DIRECTIVA
- ROGOS E PREGUNTAS

CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA

A ANPA “EMILIA PARDO BAZÁN” convoca a tódolos/as socios/as á ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA que terá lugar o MÉRCORES 2 de XUÑO ás 18:00 horas en primeira convocatoria e ás 18:30 horas en segunda no comedor coa seguinte orde do día:
- RENOVACIÓN DA XUNTA DIRECTIVA

miércoles, 28 de abril de 2021

🌱🌿 Xardín de plantas aromáticas 🌿🌱

Desde a ANPA propuxemos un proxecto ao cole, que aceptaron con moito gusto. Trátase da creación dun xardín de plantas aromáticas no prado do hórreo.
A idea é poder facelo a próxima semana, sempre que o tempo nolo permita, e para iso necesitamos de mans voluntarias que queiran vir traballar un par de tardes ao cole.
Saibas ou non saibas de xardíns ou hortas, se tes ganas de axudar, mándanos un correo a anpaceipchouzo@gmail.com indicando os teus datos e poñerémonos en contacto contigo para indicarche día e hora (será sempre en horario de tarde).
 


martes, 6 de abril de 2021

Prórroga libros de texto

Comunícase que a Xunta prorrogará a vixencia dos libros de 4º e 6º de Primaria e de 1º e 3º de ESO para evitar un gasto extraordinario nas familias.

miércoles, 24 de febrero de 2021

DEVOLUCIÓN PISCINA CURSO 2019-2020

Aviso a todas as familias anotadas no 2º cuadrimestre da actividade de PISCINA durante o curso 2019-2020:
Para recibir a devolución da parte do curso non desfrutada por causa da cancelación da actividade debido á COVID, por favor enviade un correo a tesoreriaanpachouzo@gmail.com co asunto PISCINA APELIDOS DO(S) NENO(S) e a seguinte información:

Número de conta bancaria en formato IBAN (ES seguido de 22 cifras)
Titular da conta
Número de irmáns anotados na actividade

Moitas grazas!

miércoles, 10 de febrero de 2021

ENTROIDO 2021

Queridas nenas e nenos e queridas familias do Chouzo:

Este ano para celebrar o Entroido, a ANPA convídavos a participar nun concurso de disfraces virtual!
Só tedes que sacarvos unha foto co voso traxe de entroido e enviala a anpaceipchouzo@gmail.com. A comisión de festas da ANPA elixirá as fotos gañadoras. O prazo para enviar as fotos é do 12 ao 17 de febreiro.

Lede atentamente as bases do concurso a continuación, ou descargade o arquivo facendo clic aquí.






jueves, 29 de octubre de 2020

Concurso Samaín 🎃

Este ano imos celebrar un Samaín diferente no cole!
Esperamos a vosa participación para pasalo ben entre todos!
Subide ao Facebook fotos das vosas cabazas decoradas ou dos vosos disfraces terroríficos co
hashtag #anpachouzosamain2020
Se o preferides, tamén podedes envialas ao correo da ANPA
para que as publiquemos nós: anpaceipchouzo@gmail.com
As 3 fotos de cabaza decorada e as 3 fotos de disfrace terrorífico con máis "Me gusta" recibirán
premio!
Data límite: 2 de novembro

viernes, 23 de octubre de 2020

GRUPO DE MADRUGADORES COMPLETO

O luns día 2 de novembro comeza o servizo de madrugadores. Como sabedes, este ano hai unha serie de modificacións e SÓ SE ADMITEN NENOS E NENAS PREVIAMENTE REXISTRADOS, non se recollerán aqueles que non se inscribiran previamente na ANPA mediante o formulario oficial.

Tedes toda a información no blog da ANPA e no Facebook. Moitas das familias que nos dixestes estar interesadas non vos inscribistes oficialmente polo que, repetimos, SÓ SE RECOLLERÁN OS NENOS E NENAS QUE ESTEAN INSCRITOS MEDIANTE FORMULARIO OFICIAL.

Doutra banda, informamos de que actualmente o grupo está completo, polo que as novas inscricións quedarán en lista de espera.

Un saúdo!