miércoles, 24 de febrero de 2021

DEVOLUCIÓN PISCINA CURSO 2019-2020

Aviso a todas as familias anotadas no 2º cuadrimestre da actividade de PISCINA durante o curso 2019-2020:
Para recibir a devolución da parte do curso non desfrutada por causa da cancelación da actividade debido á COVID, por favor enviade un correo a tesoreriaanpachouzo@gmail.com co asunto PISCINA APELIDOS DO(S) NENO(S) e a seguinte información:

Número de conta bancaria en formato IBAN (ES seguido de 22 cifras)
Titular da conta
Número de irmáns anotados na actividade

Moitas grazas!

miércoles, 10 de febrero de 2021

ENTROIDO 2021

Queridas nenas e nenos e queridas familias do Chouzo:

Este ano para celebrar o Entroido, a ANPA convídavos a participar nun concurso de disfraces virtual!
Só tedes que sacarvos unha foto co voso traxe de entroido e enviala a anpaceipchouzo@gmail.com. A comisión de festas da ANPA elixirá as fotos gañadoras. O prazo para enviar as fotos é do 12 ao 17 de febreiro.

Lede atentamente as bases do concurso a continuación, ou descargade o arquivo facendo clic aquí.






jueves, 29 de octubre de 2020

Concurso Samaín 🎃

Este ano imos celebrar un Samaín diferente no cole!
Esperamos a vosa participación para pasalo ben entre todos!
Subide ao Facebook fotos das vosas cabazas decoradas ou dos vosos disfraces terroríficos co
hashtag #anpachouzosamain2020
Se o preferides, tamén podedes envialas ao correo da ANPA
para que as publiquemos nós: anpaceipchouzo@gmail.com
As 3 fotos de cabaza decorada e as 3 fotos de disfrace terrorífico con máis "Me gusta" recibirán
premio!
Data límite: 2 de novembro

viernes, 23 de octubre de 2020

GRUPO DE MADRUGADORES COMPLETO

O luns día 2 de novembro comeza o servizo de madrugadores. Como sabedes, este ano hai unha serie de modificacións e SÓ SE ADMITEN NENOS E NENAS PREVIAMENTE REXISTRADOS, non se recollerán aqueles que non se inscribiran previamente na ANPA mediante o formulario oficial.

Tedes toda a información no blog da ANPA e no Facebook. Moitas das familias que nos dixestes estar interesadas non vos inscribistes oficialmente polo que, repetimos, SÓ SE RECOLLERÁN OS NENOS E NENAS QUE ESTEAN INSCRITOS MEDIANTE FORMULARIO OFICIAL.

Doutra banda, informamos de que actualmente o grupo está completo, polo que as novas inscricións quedarán en lista de espera.

Un saúdo!

martes, 20 de octubre de 2020

COMEZO DO SERVIZO DE MADRUGADORES

Dende a ANPA queremos informar a todas as familias socias de que contamos coa aprobación definitiva para o servizo de madrugadores, que dará comezo o día 2 de novembro. Todas as familias preinscritas ata o día 19/10/2020 tendes a vosa praza asegurada.

Aquí podedes consultar o protocolo específico aplicable a este servizo: protocolo madrugadores

As familias interesadas que aínda non enviarades a vosa preinscrición podedes facelo seguindo estas indicacións: http://chouzoanpa.blogspot.com/p/conciliacion.html

Aínda temos dispoñible unha praza no primeiro grupo, e non descartamos poder formar un segundo grupo, en función das preinscricións recibidas de hoxe en diante.

O taller de mediodía, polo momento, non se está a organizar.

Se tendes algunha dúbida, consulta ou suxestión, enviade un correo a tesoreriaanpachouzo@gmail.com e indicade o voso número de teléfono se queredes que vos chamemos para falar.

Apertas!

viernes, 16 de octubre de 2020

Bolsas de aseo dental

Podedes recoller as bolsas de aseo dental dos nenos e nenas de comedor do curso pasado no local da ANPA en horario de 9:15 a 9:45 h. Data límite: 30 de outubro.

martes, 13 de octubre de 2020

Novo logo e camiseta da ANPA

Coincidindo co 50 aniversario do noso cole, vimos presentar a nova camiseta da ANPA cunha bonita imaxe da escritora Emilia Pardo Bazán, que ademáis é o noso novo logo. O seu prezo é de 8 € socios e 10 € non socios. Está dispoñible nos talles 3/4, 5/6, 7/8 e 9/11 anos para nenos e S, M, L e XL para adultos.

Mirade que guapos se ven os nosos fillos!


Se queredes, sacádelles unha foto ás vosas fillas ou fillos coa camiseta e mandádenos un correo electrónico a anpaceipchouzo@gmail.com co asunto Foto para o Facebook. Imos amosar a gran familia do C.E.I.P. Emilia Pardo Bazán "Chouzo"!