jueves, 12 de marzo de 2020

SUSPENSIÓN DAS AULAS - Coronavirus

Prezadas familias:
Como anunciaron os medios de comunicación, a partir do luns e durante dúas semanas non hai colexio nin actividades extraescolares. Mañá venres 13 de marzo é opcional a asistencia, aínda que haberá servizo normal de taller de xogos, comedor e extraescolares.
Iremos publicando a información que vaia chegando de fontes oficiais, permanecede atentas.

miércoles, 19 de febrero de 2020

Entroido 2020

Queridas familias:
O vindeiro venres 21 de febreiro de 16:30 a 19:00 h celebrarase no cole a festa do Entroido organizada pola ANPA. A festa é gratuita para os socios da ANPA, para o resto ten un custo de 2€/neno.
Faremos un concurso e, para participar, haberá que inscribirse no local ou no correo anpaceipchouzo@gmail.com indicando se participades en categoría individual ou en grupo.
Ademáis, os nenos de 6º farán un bar con merendas variadas!!
Recordade que os nenos deben estar acompañados e vixiados por un adulto.
Non faltedes!! 🎉

martes, 17 de diciembre de 2019

Festa de Nadal cancelada

Por mor do mal tempo, a nosa tradicional festa de Nadal terá lugar no mes de xaneiro. Desculpade as molestias.
🎄🎅 Boas Festas e Feliz Aninovo 2020! 🎅🎄

miércoles, 27 de noviembre de 2019

ASEMBLEA XERAL ORDINARIA

A Directiva da ANPA convoca a tódolos/as socios/as á ASEMBLEA XERAL ORDINARIA que terá lugar o XOVES 5 de decembro ás 16:30 h en primeira convocatoria e ás 17:00 h en segunda convocatoria no comedor coa seguinte orde do día:

  • Lectura e aprobación da acta anterior
  • Informe de estado de contas
  • Informe da xunta directiva
  • Festas
  • Rogos e preguntas
Participade. A ANPA SOMOS TODOS!

martes, 5 de noviembre de 2019

🌰 FESTA DO MAGOSTO 🌰

Prezadas familias:
Como cada ano no outono, chegou o momento de celebrar a festa do magosto. Este ano, como os anteriores, o cole e a ANPA organizan esta festa durante o horario lectivo. A data elixida é o 12 de novembro, polo que vos pedimos que entre o venres 8 e o luns 11 traiades un puñado de castañas por neno/a (15-20 castañas), SEN PICAR, e as entreguedes aos titores/as. En caso de choiva, adíase ao venres 15 de novembroNecesitamos doazóns de leña
Un saúdo e grazas!

miércoles, 23 de octubre de 2019

🎃 Voluntari@s festa de Samaín 🎃

Precísanse voluntari@s e doazóns de comida para a festa de Samaín. Pasade polo local ou enviade un correo a anpaceipchouzo@gmail.com para informar da vosa contribución. Grazas 😊

jueves, 17 de octubre de 2019

🎃 FESTA DE SAMAÍN 🎃

O vindeiro mércores 30 de outubro, de 16:30 a 18:30 h, celebrarase no cole a festa de Samaín organizada pola ANPA.

Faremos unha busca de ósos, pintacaras e manualidades, que serán gratuitas para os socios e a 1 € cada actividade para os non socios. Tamén teremos un concurso de cabazas decoradas (hai que traelas feitas da casa).

O bar correrá a cargo da ANPA e pedimos colaboración ás familias coa doazón de lambetadas, bocadillos, etc. Pasade polo local ou enviade un correo a anpaceipchouzo@gmail.com para informar da vosa aportación. E se queredes axudar na organización, sodes benvidos! 😊

Haberá que sacar tique no bar, tanto para as consumicións como para as actividades.

Recordade que @s nen@s deben estar acompañados e vixiad@s por un adulto.

Se aínda non sodes socios da ANPA, non o dubidedes. Recordade que dende a 
ANPA xestionamos as actividades extraescolares e o taller de xogos, organizamos as festas de fin de curso, nadal, entroido e magosto,  e colaboramos co centro na compra de material escolar, na revista de fin de curso e nas orlas así como en tódolos temas nos que nos piden axuda. A ANPA SOMOS TODOS!